O MORAÑA VETERÁNS, NOVAMENTE SAE CON UN SOBRESAÍNTE, NO SEMPRE DIFICIL CAMPO DO CENTRO PENITENCIARIO A LAMA, COMPLETANDO A 6ª XORNADA CONSECUTIVA SEN COÑOCER A DERROTA. OS MORAÑESES ESTAN APROVEITANDO O BÓ MOMENTO DE XOGO QUE ESTAN A  ATRAVESAR, CON UN TRIUNFO CONTUNDENTE SOBRE O SEMPRE LOITADOR CONXUNTO DA LAMA. NO MORAÑA NOVAMENTE A SUA COLUMNA VERTEBRAL DO EQUIPO FOI DETERMINANTE, FUNCIONANDO AS MIL MARABILLAS É, PRÁCTICANDO UN FÚTBOL DE MOITA CALIDADE DURANTE OS PRIMEIROS 45 MINUTOS, DONDE O MARCADOR  SIÑALABA UN ABRUMADOR 0-4. NA CONTINUACIÓN O MISTER, CON MOI BÓ CRITERIO, DOULLE ENTRADA A XOGADORES QUE HABITUALMENTE GOZAN DE POUCOS MINUTOS É A VERDADE QUE ESTOS NON DESENTOARON CO RESTO DO SEUS COMPAÑEIROS. CON NESTE TRIUNFO OS DO CARNEIRO SITUANSE NO 10º POSTO DA TABOA CLASIFICATORIA CON VINTECINCO PUNTOS, OS MESMOS QUE O PORTONOVO QUE NOS VISITA O PRÓXIMO SÁBADO.

Na foto Yeyo, autor de dous goles do seu equipo.

ALIÑACIÓNS:

CENTRO PENITENCIARIO A LAMA: Suarez; Pouso, Barkaovi, Agra(46’González), Váz; Fonseca, Rivera, Victor; Aigabi(18′ Castro), Rodríguez(46’Fernando), Simón. 

A.C.D.MORAÑA: Xabier Maté; Sayáns, Juan(46′ Eloy), Fernando Núñez(72′ Yeyo), Fuentes(35′ Ventura); Yeyo(46′ Pedro), Goran Djorovic, Mario Costas(70’Juan), Esteban(70′ Fuentes); Santiño(70′ Santi Paz) é Nico(80′ Rúa).

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 2′,- (0-1),- GOOOOOOL DO MORAÑA,  Xogada  por banda esquerda, marchándose do seu marcador Esteban é o seu centro rematao dende o punto de penalty Yeyo o fondo da porteria.

Minuto 16′,- Gran xogada de Santiño que pasa a Nico, lanzando un bó disparo enviando a córner o gardameta Suarez.

Minuto 20′,- Ocasión do equipo locatario, centro chut do lateral esquerdo Vaz, e o balón vai ao largueiro e sae fora.

Minuto 22,- Bó centro de Esteban e Santiño remata fora.

Minuto 24′,-(0-2),-GOOOOOOOL DO MORAÑA, nova xogada por banda esquerda de Esteban, fabricando un precioso centro e Yeyo de cabeza marca a pracer.

Minuto 25,- Xogada de toda a dianteira do Moraña con remate final de Nico que para o porteiro.

Minuto 26,- Ocasión do equipo da Lama a través de Simón e con Maté xa batido despexa Fernando Nuñez.

Minuto 31′,-(0-3),- GOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, bonita xogada que nace na defensa e Santiño vendo o desmarque de Fuentes por banda esquerda, este entra ata a cociña e ante a desesperada saida do porteiro, bateo por baixo .

Minuto 35,- Nico ten unha boa oportunidade diante do porteiro e o seu disparo sae moi floxo.

Minuto 41,-(0-4),- GOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, contragolpe rapido dos morañeses, dandolle un precioso e preciso pase Mario Costas a Santiño que lla mete para Nico que bate o porteiro de forte tiro.    

Minuto 43′,- Ocasión do equipo da Lama a través de Simón, lanzando un petardazo dende o borde da area , estrelándose o balon no largueiro.

Minuto 58,-(1-4),- GOOOOOOOOL DO Centro P. A Lama, saque de esquina e barullo na area pequena, chegándolle o esferico a Aigabi que de forte tiro bate a Xabier Maté.

Minuto 66,- Nico e derribado dentro da area e o arbitro non quixo ver nada.

Minuto 70′.- Gran tiro dende fora da area do xogador da Lama Victor, saindo o esférico fora por pouco.

Minuto 75′,-(1-5),- GOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Santi Paz fai unha gran xogada lanzando un petardazo dende fora da area, non podendo facer nada o bó gardameta Suarez.

ARBITRO: Axúbiou o encontro o colexiado pontevedrés Francisco Crespo Trujillo, facéndo un moi bó arbitraxe, enseñou tarxetas amarelas a os xogadores do Centro Penitenciario,  Rivera e Barkaovi e por o Moraña, Fuentes.

INCIDENCIAS: Encontro xogadado as 4,15 da tarde no Centro Penitenciario, con un terreo de terra duro. Temperatura moi agradable,  rozando os 16º.  

DESTACADOS: Por o Centro Penitenciario A Lama, Rivera, Victor e o marroquí Aigabi, por o Moraña todos estiveron a gran altura, pero sobre todos Fernando Núñez, dandolle saída o balón con gran elegancia, Goran Djorovic, dono e señor do centro do campo, dirixíndo os seus compañeiros con gran maestría é a seguridade que trasmite Xabier Maté os seus compañeiros na porteria.

Compárteo!

1 comentario

  1. Felicidades a todos, según a crónica parecemos o Barça, vexo que o mister deu minutos a todos menos a Vicente( ultimamente algo crítico) xa que non aparece na alineación ou é que non foi debido a que era San Vicente e tiña medo a…$$$. Un saudo.

Deixa un Comentario