Os Alevíns do Moraña C.F. viaxaban onte a Illa de Arousa, para enfrontarse ao Céltiga C.F. na sexta xornada de Liga. Os pupilos de Juan López afrontaban o encontro con varias baixas, pero con toda a ilusión de volver á senda da victoria, tralas boas sensacións da segunda parte do partido pasado.

A pesares destes antecedentes, o equipo volveu a adolecer de falta de actitude en varios tramos do encontro, o que lle deu facilidades ao rival para encarrilar o partido. O primeiro gol chegou dun balón largo ao dianteiro rival, que xira sen oposición e se lanza ao man a man para batir a Óscar. Chegouse co 1-0 ao descanso.

Na segunda parte, o Céltiga fixo dous goles. O primeiro deles no lanzamento dun penalti cometido por Anxo, que mediu mal e derriba ao contrario, e o segundo tras un saque defectuosos de Óscar. Fixo o da honra para o Moraña Dominic, aproveitando o barullo no área tras un saque de banda. 3 a 1 foi o resultado final.

En definitiva, moito traballo por diante para este equipo, que non traduce últimamente o bo traballo do adestramentos aos encontros, onde son superados polos rivais en ganas e intensidade. Esto, unido á erros puntuais, están a costar moito en cada partido. Moito ánimo a estes chavales que son capaces de moito máis. A darlle duro!

FICHA TÉCNICA

Céltiga C.F. 3 – 1 Moraña C.F.

Céltiga C.F.: Alejo, Javier, Marcos, Eloy, Alejandro, Borja, Rodrigo, Pablo, Sergio, Daniel, Alberto, Miguel A., Fernando, Daniel, Aarón e Julián.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Pablo, Amestoy, Alejandro, Gael, Mateo, Álvaro, Rubén, Yoel, Juanma, Dominic, Lucas e Sergio.

Goles: Dominic polo Moraña C.F. Borja, Pablo e Aarón polo Céltiga C.F.

Compárteo!

Deixa un Comentario