Estimado/a  socio/a:

Poñémonos en contacto contigo para informarche dos seguintes puntos,aprobados na Asemblea Xeral celebrada o Venres 01/08/14:

  1. Cotas Socios Tempada 14-15.- Aprobase a proposta da Xunta Directiva sobre as cotas para a Tempada 14-15 :
  • Socios/as : Incrementase 5,00 €, quedando a nova cota en 45,00 € .
  • Socios/as do Fútbol Base : Incrementase 10,00€, quedando a nova cota en 110,00 € , 2º fillo 55 € e 3º, 4º … fillos gratis.
  • Colaboradores.- Pagarán unha cota anual de 100 €, pola publicidade nos dous  campos.
  • Protectores: Nos protectores as cotas vai en función do que cada un estea disposto a aportar. Hainos dende 300 € ata 5.000 €.
    • Pago dos carnés.- Dado que o Club xa ten que realizar uns pagos antes do inicio da Tempada: Fichas, mutualidades, … temos que provernos de fondos:

ü      Os que o teñen domiciliado pasarémoslle a cota a partir do 15 de Agosto do 2014 .

ü      Agradeceriamos que os demais socios, que o teñan a ben, fixesen o pago,en canto poidan,  en calquera das seguintes entidades e contas do Club:

–         A CAIXA :              Nº Conta 2100 6025 46 0200006310

–         ABANCA:               Nº Conta 2080 5106 71 3040005540

Pedimos que se teña coidado cando ingresen, aclarar ben o concepto e que socio/a fai o ingreso. No recibo deberá poñer:

  • Socio/a normal

Concepto: Cota socio tempada 14-15

Ordenada por: nome e apelidos do socio/a.

Cota: 45 €

  • Cota pais/nais Fútbol-Base:

Concepto: Cota socio Fútbol-Base tempada 14-15.

Ordenada por: nome e apelidos do socio, pai/nai de… nome e apelidos do fillo/a/s.

Cota: 110 €(1º fillo) + 55 € 2º fillo e  3º+4º fillos gratis).

Os carnés recolleranse no Local ou no campo; os que o teñen domiciliado enviaráselles por carta.

  1. Contas da Tempada 13-14.- Foron presentadas e aprobadas polos presentes, as contas da Tempada 13-14 cos seguintes resultados:
INGRESOS    70.675,59 €
GASTOS     70.616,94 €
RESULTADO            + 58,65 €

 

 

  1. Orzamentos Tempada 14-15:Presentados e aprobados os orzamentos da Tempada 14-15:
INGRESOS 65.295,00 €
GASTOS 65.295,00 €
RESULTADO                0     €

Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte e invitarte a colaborar connosco, pois, o Club é de todos os que colaboran no seu funcionamento.

Moraña  06  de  Agosto  de  2.014

A    Directiva

Compárteo!

Deixa un Comentario