Estimado/a socio/a:

Poñémonos en contacto contigo para informarche dos seguintes puntos,aprobados na Asemblea Xeral celebrada o Venres 10/07/15:

  1. Cotas Socios Tempada 15-16.- Aprobase a proposta da Xunta Directiva sobre as cotas para a Tempada 15-16, que seguirán o mesmo que na tempada pasada:

  • Socios/as : Segue sendo de 45,00 € .

  • Socios/as do Fútbol Base : cun fillo será de 110,00 € , 2º fillo 55 € e 3º, 4º fillos, gratis.

  • Colaboradores.- Pagarán unha cota anual de 100 €, pola publicidade nos 2 campos.

  • Protectores: Nos protectores as cotas vai en función do que cada un estea disposto a aportar. A partir de 300 €.

  • Pago dos carnés.- Dado que o Club xa ten que realizar uns pagos antes do inicio da Tempada: Fichas, mutualidades, … temos que provernos de fondos:

  • Os que o teñen domiciliado pasarémoslle a cota a partir do 12 de Agosto do 2015 .

  • Agradeceriamos que os demais socios, que o teñan a ben, fixesen o pago,en canto poidan, en calquera das seguintes entidades e contas do Club:

  • A CAIXA : Nº Conta 2100 6025 46 0200006310

  • ABANCA: Nº Conta 2080 5106 71 3040005540

Pedimos que se teña coidado cando ingresen, aclarar ben o concepto e que socio/a fai o ingreso. No recibo deberá poñer:

  • Socio/a normal

Concepto: Cota socio tempada 15-16

Ordenada por: nome e apelidos do socio/a.

Cota: 45 €

  • Cota pais/nais Fútbol-Base:

Concepto: Cota socio Fútbol-Base tempada 15-16.

Ordenada por: nome e apelidos do socio, pai/nai de… nome e apelidos do fillo/a/s.

Cota: 110 €(1º fillo) + 55 € 2º fillo e 3º+4º fillos gratis).

Os carnés recolleranse no Local ou no campo; os que o teñen domiciliado enviaráselles por carta.

  1. Contas da Tempada 14-15.- Foron presentadas e aprobadas polos presentes, as contas da Tempada 14-15 cos seguintes resultados:

INGRESOS

63.984,14 €

GASTOS

63.799,01 €

RESULTADO

+ 185,13 €

  1. Orzamentos Tempada 15-16:Presentados e aprobados os orzamentos da Tempada 15-16:

INGRESOS

64.000,00 €

GASTOS

64.000,00 €

RESULTADO

0 €

Non habendo máis novas que comunicarche aproveitamos para saudarte e invitarte a colaborar connosco, pois, o Club é de todos os que colaboran no seu funcionamento.

Moraña 27 de Xullo de 2.015

A Directiva

Compárteo!

Deixa un Comentario