Segunda xornada de Liga para os Veteranos, e duro correctivo no campo de As Extremas de Carballedo. Os nosos viaxaban con moita confianza tralo bo debut da semana pasada, sumando a xogadores que non puideron asistir a este primeiro encontro e a Iago Castro, unha nova fichaxe que se une á familia do Moraña Veteranos.

O encontro comezou de xeito parecido ao anterior, cun rival agazapado en medio campo esperando saír á contra con cada roubo, e un Moraña abonado ao tiki-taka, buscando combinar e sacar ventaxa do xogo combinativo.

A primeira parte foi de dominio maioritario do equipo morañés, que gozou de varias ocasións claras para adiantarse no marcador, sobre todo un man a man que Nico non supo acabar en gol e que puido cambiar totalmente o devenir do partido.

Chegouse co 0-0 ao descanso, e o míster tratou de sacar o mellor do seu equipo para este segundo tempo, movendo o banquillo e metendo homes de refresco.

No comezo deste segundo periodo, as chegadas do Caroi cada vez ían sendo máis perigosas, acadando o 1-0 no minuto 10 desta segunda parte, tras rematar o seu dianteiro á cruceta un pase atrás lanzado polo interior dereito. Este gol cambiou totalmente o partido, cun Caroi que se adicaba a especular, perder tempo e buscar o contraataque e un Moraña ao que cada vez lle pesaba máis o reloxo.

Tiveron os locais a oportunidade de poñer o 2-0 por medio dun penalti máis que dubidoso pitado polo colexiado do encontro, pero Rafa Sierra logrou desvialo a córner.

Estivo o Moraña preto de lograr o empate nestes minutos, pero cunha contra letal, o Caroi lograba o definitivo 2-0, que pechaba o partido e co que se chegou ao final.

En definitiva, un pequeno paso atrás deste equipo, pero recoñecendo o bo partido do equipo rival, que foi totalmente merecedor da victoria. Agardamos que este pequeno paso atrás sirva para coller impulso e superar ao vindeiro rival, o Lérez o próximo sábado.

FICHA TÉCNICA

Caroi Veteranos 2 – 0 Moraña C.F.

Xogaron por parte do Moraña C.F.: Rafa Sierra, Yeyo, Toño, Mario Costas, Fuentes, Nico, Goran Djorovic, Óscar Barros, Eloy Pérez, Celsiño, Santiño, David Barros, Iago Castro, David, Velay, Sayáns e Vicente.

[su_note]

Iago Castro, nova fichaxe para o Moraña Veteranos

20150912173528Na xornada de hoxe, o Moraña Veteranos presentou á súa nova adquisición: Iago Castro. 

Dianteiro de gran recorrido, que promete moitos goles e moitas alegrías a toda a afección. Sale dunha larga lesión de xeonllo, pero confiamos en que pronto comezará a dar o seu 100%.

Iago, benvido á nosa familia. Agardamos que disfrutes do fútbol connosco e que lle poidas dedicar pronto os teus primeiros «chicharros» ao teu fillo Enzo.[/su_note]

Compárteo!

Deixa un Comentario