Importante victoria a domicilio para seguir con opcions.

Bo partido do Moraña nun campo complicado.

Alineacións.

Caroi: Nicolau; Caramés, Casal, Piñón (min.68 Abeledo), Iván; David, Daniel (Rey min.75), Alexis, Obelleiro; Souto y Cortegoso

Moraña C.F.: Zapa, Lois (min.46 Ferrón), Toné, Juan, Jhon; Bairon, Roberto, Julián, Jesús (min.67 Santomé) ; Damián (min.81 Martín) y Zaca.

Goles:1-0 min. 25 Zacarías, 2-0 min.60 Roberto, 3-0 min.70 Damián.

Árbitro: Juan Gabriel Rodríguez Villar, sacou cartóns amarelos polo bando local a Daniel (min.19) e polo Moraña a Lois (min.33), Damián (min.53) e Santomé (min.88).

Campo: Val de Hermida terreo de xogo en muy malas condicións, tarde soleada e moito vento que fixo moi complicado a bo trato da pelota.

 

O Moraña C.F. sacou con nota o importante partido da tarde de onte, o equipo morañés saiu dende o principio moi metido no encontro e adaptandose moi rápido o que requería o partido no Val de Hermida. A escuadra de Iván Conles soubo dende o principio que a clave para levar a victoria sería a seguridade defensiva e aproveitar a estrategia.

O encontro escomezou cos dous equipos abusando do balón largo, pero os visitantes buscando a Zaca creaban mais  perigo, o rosario de ocasións morañesas comenzou cun disparo do propio Zaca que se foi arriba no minuto 5, a partir de ahí o Moraña empezou a dominar creando numerosas ocasións de perigo sobre todo en xogadas de estratexia e asi cando corría o minuto 25 despois dun saque de banda largo de Juan, Zacarías libre de marca cabeceaba a rede, a estratexia da escuadra visitante creaba importantes estragos na zaga local e así Toné, Roberto e Jhon en duas ocasións rozaron o gol antes do descanso.

En toda a primeira parte o Moraña só pasou apuros alá polo minunto 32 cando un rápido contragolpe local Souto plantouse só ante Zapa pero o cancerbeiro de Nigrán estivo moi acertado parando o man a man.

Na segunda parte o Moraña dedicouse a nadar e gardar a roupa e así en dous contragolpes sentenciou o partido; o segundo da tarde chegou despois dunha recuperación de balón e Roberto de vaselina dende a frontal bate a Nicolau, e o terceiro un bo saque de Zapa que Damián despois dun control digno de outra categoría resolve cunha vaselina ante a salida dun vendido Nicolau.

De ahí o final, o partido volveuse un pouco bronco sobretodo polas protestas do equipo local hacia o colexiado do encontro, que ó final sacou o partido adiante sin complicacións aparentes.

Destacados polo equipo local Alexis e Obelleiro e polo Moraña C.F. podemos destacar a Roberto que lle da moito equilibrio ó equipo, ós detalles de clase de Damián e o traballo do incansable Zaca que volveu a mollar.

Compárteo!

Deixa un Comentario