A sección alevín do Moraña C.F. viaxaba na tarde do sábado ás Corticeiras, para enfrontarse ao Caldas C.F. nun apaixonante derbi na oitava xornada da Liga Alevín.

Os morañeses chegaban a este encontro con varias baixas pero cunha convocatoria ampla de 15 xogadores, e con gañas de reivindicarse despois do bo partido xogado a semana anterior no Buelo trala mala racha de resultados.

Foron os nosos dominadores na meirande parte do encontro, con fases curtas de dominio alterno e momentos nos que o partido se volvía un pouco «tolo». Abriu a lata Yoel no 16, e Mateo firmou o 0 a 2 no minuto 29, resultado co que se chegou ao descanso.

Non baixaron o pistón os alevíns na segunda parte, e Gael, que realizou un boísimo encontro nos minutos 40 e 50 firmou un doblete, ao igual que Mateo co seu segundo gol no 65, deixando o marcador nun contundente 0 a 5.

Bo traballo dos Alevíns, que encadenan a segunda victoria consecutiva e que volven a mostrar un nivel alto de xogo e de intensidade. Esta é a liña a seguir, ánimo rapaces!

FICHA TÉCNICA

Caldas C.F.: Carlos, Pablo, Carlos A., Pedro, Antón, Ricardo, Marco, Mario, Carlos R., Zaira, Pedro G., Jesús, Estefan, Diego, Kevin e Laura.

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Pablo, Amestoy, Abel, Alex, Dominic, Yoel, Mateo, Álvaro, Lucas, Gael, Sergio e Juanma.

Goles: 0-1 Yoel (minuto 16); 0-2 Mateo (minuto 29); 0-3 Gael (minuto 40); 0-4 Gael (minuto 50); 0-5 Mateo (minuto 65).

Compárteo!

Deixa un Comentario