Primeira victoria como locatarios dos nosos Cadetes, nun partido moi traballado e cun grandísimo esforzo realizado por todos os xogadores. O equipo de Alberto Durán saliu con moitísima forza e enerxía ao encontro, apretando ao rival e sen deixarlle espazos. Adiantáronse pronto os nosos, cun gol de Pablo Ares no minuto 11. E David, nunha gran xogada poñía o 2-0 no minuto 16. Con este resultado e o encontro encarrilado, os morañeses seguiron buscando aumentar a diferenza, pero foi o Sanxenxo quen acurtou diferencias cun gol dos coñecidos como «psicolóxicos» no 39, deixando o electrónico cun 2-1 ao descanso.

Espantou todos os fantasmas Raúl na reanudación, facendo o 3-1 aos dous minutos de comezar a segunda parte. Meteulle picante ao tramo final Rodrigo, poñendo outra vez a vantaxe morañesa na mínima diferencia co 3-2, pero Andrés fixo o 4-2 no 76 que pechaba o encontro.

Noraboa aos Cadetes, que como comentamos a comezo de tempada, non se iban a rendir e iban a competir cada partido. E vaia se o fixeron na mañán de hoxe. A seguir nesta liña!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F.: Jorge, Sende, Andrés, Isma, Raúl (Pedriño, min. 76), David, Manu Sayáns (Rubén, min. 59), Pablo González, Pablo Ares (Dani, min. 34), Isma Escariz e Fernando.
XUV. SANXENXO: David, Hugo, Álvaro, Ignacio, Pablo, Alejandro (Iván, min. 48), Samu, J. Manuel, Rodrigo, Iago e Marc.

Goles: 1-0 Pablo Ares (min. 11); 2-0 David (min. 16); 2-1 Pablo (min. 39); 3-1 Raúl (min. 42); 3-2 Rodrigo (min. 70); 4-2 Andrés (min. 76)

Compárteo!

Comentarios Pechados.