Os Alevíns do Moraña C.F. xogaron a vixésima xornada de Liga na mañán do sábado nas Chans, ante o C.F. Puente Arnelas. O equipo dirixido por Juan López viaxaba a este encontro con moita ilusión de sumar a sétima victoria consecutiva, e lográrono cun gran partido.

IMG_20160227_125748Os nosos foron dominadores durante a maior parte do encontro, cedendo só algo de perigo nalgún contraataque e accións a balón parado. Case todo o partido se xogou co Puente Arnelas replegado no seu campo e o Moraña atacando e evitando as contras con boas presións tras pérdida. Abriu a conta Lucas, cun doblete nos minutos 7 e 16, e un gol en propia no 11. Antes do descanso, Pablo (no 24) e Abel (no 32) sellaban a primeira parte cun claro 0-5.

Nos segundos 35 minutos, os nosos fixeron 3 goles, obra de Rubén (minuto 37), Yoel (minuto 62) e un fermosísimo tanto de Álex no 68 tras unha gran xogada colectiva: ata catro paredes ao primeiro toque no centro do campo, apertura á banda para a incorporación de Yoel e remate de Álex para pechar o encontro.

Ao término do partido 0 a 8, moi boas sensacións e gran encontro dos alevíns. Agora a seguir traballando e a preparar a visita dun difícil rival a vindeira semana: a E.D. Arousa.

FICHA TÉCNICA

C.F. Puente Arnelas 0 – 8 Moraña C.F.

C.F. Puente Arnelas: Alejandro, Dani, Elias, Samuel, Fernando, Alberto, Javier, Damián, Queitan, Sergio, Lucas, Borja, Jose, Mateo e Raúl.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Sergio, Pablo, Yoel, Domi, Lucas, Amestoy, Abel, Álex, Rubén e Juanma.

Goles: Lucas (2), Pablo, Yoel, Abel, Alex, Rubén e p.p.

Compárteo!

Deixa un Comentario