-
Goleada a domicilio dos nosos para inaugurar o 2025.
-
A diferencia no marcador ao descanso era de 0-5.
Xornada 15ª do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Meis para a disputa do partido fronte ao C.D. Mosteiro.
O Moraña visitaba o campo do Mosteiro tratando de continuar a dinámica positiva das últimas xornadas. O encontro non puido comezar de mellor maneira xa que Breno inauguraba o marcador cando so transcorrían 4 minutos de xogo. Os nosos seguiron co festival de goles e chegaron ao minuto 38 gañando por un contundente 0-5.
Na segunda parte, o adestrador local fixo varios trocos tratando de encontrar unha reacción. Pero serían novamente os nosos os que farían o sexto gol aos 7 minutos de comezar o segundo tempo. O Mosteiro recortou distancias poucos minutos despois e André pecharía a goleada marcando un novo tanto que poñía o 1-7 definitivo.
Os nosos comezan o ano dunha maneira inmellorable conseguindo unha goleada a domicilio e aporximándose aos postos de loita polo ascenso. Confiamos en que poida continuar esta dinámica positiva o que queda de campionato. Imos Moraña!
FICHA TÉCNICA
C.D. Mosteiro: Santiago Núñez, David Barral, Roberto Pérez, Ángel Fandiño, Martín Mosteiro (Borja Cores, 46′), David Somoza (Brais Sabarís, 46′), Manuel Lojo (Eladio Casalderrey, 82′), Santiago Varela, Josué Mauricio Campos (Pablo Rodríguez, 46′), José Antonio Dios e Jorge Iglesias.
Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Rubén Candal, Paulo Miote, David García (Raúl Fernández, 82′), Javier Pazos (Rodrigo Cor, 69′), Damián Pereira, Breno Santos, Ángel David Núñez, Godfrey Apeh (André García, 82′), Emanuel Cordeiro e Levi Pereira.
Goles: 0-1 Breno Santos (min. 4), 0-2 Javi Pazos (min. 13), 0-3 Godfrey Apeh (min. 17), 0-4 Breno Santos (min.22), 0-5 Breno Santos (min.37), 0-6 Javi Pazos (min. 52), 1-6 José Antonio Dios (min. 60), 1-7 André García (min. 83).
Árbitro: Julio César García Carrera. Amonestou a Brais Sabarís González por parte do Mosteiro. Por parte do Moraña os amonestados foron Rubén Candal, Paulo Miote, David Núñez e Godfrey Apeh.