Na fot Sayans, uns dos destacados no partido de onte.

BONITO PARTIDO O DISPUTADO ONTE ENTRE OS CONXUNTOS DO DEPORTIVO ESTRADENSE DE VETERANOS E MORAÑA,  NAS BOAS INSTALACIÓNS DE CALLOBRE. NA PRIMEIRA PARTE O BO CONXUNTO DO ESTRADENSE EQUIPO NOVO E MOI CONTUNDENTE, LEVANDO SEMPRE A INICIATIVA DO XOGO, RESPONDENDO OS MORAÑESES CUNS CONTRAATAQUES MOI PERIGOSOS QUE TROUXERON EN XAQUE Á DEFENSA LOCAL. NOS SEGUNDOS 45 MINITOSE A TÓNICA DO XOGO CAMBIOU E FORON OS MORAÑESES OS QUE LEVARON A INICIATIVA, SENDO DETERMINANTE A ACTUACIÓN DO ARBITRO, NON CONCEDENDO UN GOL CLARO AO MORAÑA, DESPOIS DE TRASPASAR O ESFÉRICO A LIÑA DE PORTARÍA POLO MENOS UNS 40 CENTI METROS E NO QUE OS MESMOS XOGADORES LOCAIS RECOÑECERON QUE O BALÓN ENTRARA E A POSTERIORE PARA REMATAR A FAENA CONCEDE O TERCEIRO GOL AO ESTRADENSE EN UN CLARO FÓRA DE XOGO, PERO COMO SE ADOITA DICIR, O FÚTBOL É FÚTBOL E UNHAS VECES OS SEÑORES DE NEGRO CHE QUITAN E NOUTRAS OCASIÓNS CHE DAN.

 

ALIÑACIÓNS:

C.D. ESTRADENSE: García; Collazo, Couceiro, Fernández, Sanmartín; Couto, Torres, Esperon; Rivadulla, Barros y Camilo. Tamen xogaron: Rosende, Gómez, Vinseiro, Rodríguez, Pena, Magariños é González.

MORAÑA C.F.:Rafa Sierra; Ventura(46′ Pedro), Juan, Yeyo, Stoicov; Nico, Nuñez, Sayáns, Esteban; Celso é Santi Paz.

GOLES:

Minuto 6?,- Ocasión do Estradense, centra Couto é remata Rivadulla, detendo Rafa.

Minuto 10′,- Volea de Stoikov que a piques estivo de entrar.   

Minuto 17?,-(1-0).- GOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO ESTRADENSE, Camilo xoga para Rivadulla que libre de marca tira , rechaza Rafa eo balón cae nos pés de Camilo, que só ten que purrala.

Minuto 30′,-(1-1),- GOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Gran saque de córner de Celso que Esteban de espléndido cabezazo marca.

Minuto 39,-(1-2),- GOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Gran contraataque a cargo de Esteban que mete para Celso que se vai da sua marca é ante a desesperada saída do porteiro, cruza ao fonde a rede.

Minuto 42,-(2-2),- GOOOOOOOOOOOOOOL DO ESTRADENSE,- Saque de esquina de Couto que remata a prazer libre de marca  Barros. Despiste monumental da defensa morañesa.

Minuto 47′,- Gran tiro de Santi Paz pegando o balón na base do poste, estando a piques de recoller o rechace Esteban, adiantandose un defensa.

Minuto 59′,-(3-2),-GOOOOOOL DO ESTRADENSE, Xogada de Esperón por banda esquerda centra dende a liña de fondo para Rodriguez que lle devolve o esferico a Esperón en clarisimo fora de xoga e marca. Este tanto foi moi prtestado por os xogadores morañeses.

Minuto 67′,- Saque de córner de Celso que Santi Paz remata de cabeza e o balón entra dentro da porteria sacando un defensa, nova xogada moi protestada por os xogadores morañeses ante a inxusticia do Sr. Colexiado, o xogador do Estradense recoñeceu que o esferico había entrado.

Minuto 75,- Novo saque de esquina que saca Celso o borde da area que remata Pedro, saindo fora por alto.

Minuto 81′,- Gran tiro de Rivadulla que deten Rafa.

Minuto 82′,- Centro de Pedro que remata Nico e deten o porteiro.

Minuto 90′,- Vinseiro a porteria valeira tira fora.  

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Agustín Couto Touron, mal, pitando a destempo e non concedendo un gol claro o Moraña é dandolle o terceiro gol o Estradense en claro fora de xogo. Mostrou tarxetas amarelas os xogador estradenses Rivadulla é Fernández en duas ocasións, vendo a roxa..

INCIDENCIAS: Partido xogado no Campo do Callobre na Estrada (herba sintética) en moi boas condicións. Tarde moi fria con unha temperatura de  9º. Por desión técnica non saltaron o terreo de xogp Vicente e Rúa.

Despois do encontro os xogadores repuxeron forzas en Moraña no Mesón do  Xavique

DESTACADOS: Por o Estradense Couto, Rivadulla é Esperón é polo Moraña, Pedro, Nuñez é Sayáns.

Compárteo!

Deixa un Comentario