O MORAÑA DESPOIS DE FACER UN PRIMEIR TEMPO ACEPTABLE (0-1), DURME A SESTA  NO SEGUNDO TEMPO E DEIXASE SUPERAR POR UN C.D. ESTRADENSE MOI COMBATIVO DURANTE OS 90 MINUTOS. OS MORAÑESES PRESENTABANSE NA ESTRADA CON MOITAS BAIXAS,  PERO INDA ASÍ POIDO DAR A SORPRESA. O ADESTRADOR MORAÑÉS QUISO PROBAR NO INCIO DO ENCONTRO COA PARTICIPACIÓN DE SANTI PAZ, DUBIDA POR LESIÓN ATA ÚLTIMA HORA ,E A VERDADE QUE O XOGAR INTENTOUNO PERO OS 10′ DE XOGO TIVO QUE PEDIR O TROCO POR OS FORTES DORES QUE ESTABA A PADECER, POIS O DIANTEIRO CENTRO  FOI DIAGNOSTICADO POR O SEU FACULTATIVO CON UNHA LUSACIÓN DE OMBRO E UNHA CONTUSIÓN NUNHA COSTELA.                                                             Na foto Esteban, uns dos destacados  na tarde de onte.                                                                                                    

ALIÑACIÓNS:

C.D. ESTRADENSE: Manolo; Varela, Figueiras, Couceiro(Peña), Collazo(36’Chao); Torres, Penas(30’Rosende), Rivadulla(46’Rodriguez); Couto, Barros(30’Roberto), Ganilo.

A.C.D. MORAÑA: Javier Maté; Sayáns, Juan,  Yeyo, Fuentes; Nico, Fernando Núñez, Mario Costas, Esteban; Vari(46′ Eloy80′ Viki) é Santi Paz (10′ Oscar53′ Ventura)

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 15′,- Saque de falta do xogador do Estradense Ganilo e Javier Mate envía a corner.

Minuto 23′,- (0-1),- GOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Saque de esquina de Fernando Núñez é Vari de cabeza envía o fondo da porteria.

Minuto 27′,- Centro de Couto e remata de cabeza Figueiras, dando o balón no travesaño saíndo fora.

Minuto 33′,- Xogada de Gamiloque centra e  Ribadulla habilmente deixa pasar o balón pero Rosende non chega a pelota.

Minuto 37′,- Contraataque do C.D. Estradense por mediación de Couto, marchándose de Sayáns e plantándose só diante de Javier Maté que responde con unha gran parada.

Minuto 48′,- Gran internada de Fuentes por banda esquerda, sacándo un gran centro e Esteban só a tres metros da porteria remata ca testa fora.

Minuto 50′,- Novamente Couto saca un centro-chut e Javier Maté envía a corner.

Minuto 52′,- (1-1),- GOOOOOOL DO ESTRADENSE, despexe defectuoso de Mario Costas, saindo o balón a corner o saca en corto Ganilo e remata en un claro fora de xogo Rosende anotando o empate.

Minuto 63′,- Gran xogada por banda esquerda de Esteban e Nico só diante do porteiro remata inocentemente as mans do gardameta.

Minuto 64′,- (2-1), GOOOOOOOOOOOL DO ESTRADENSE, nova xogada por banda esquerda de Couto, o mellor dos 22 é o seu centro e rematando novamente por o dianteiro centro Rosende. 

Minuto 71′,- (2-2),- GOOOOOOOOOOOOLAZO  DO MORAÑA, falta o borde da area sobre Mario Costas, a saca Fernándo Núñez, salvándo a barreira e entrándo por a mesma escadra sin que o bó de Manolo poida facer nada.  

Minuto 85′,-(3-2),- GOOOOOOOOOOL DO ESTRADENSE, quen si non, novamente Couto que fixo un partidazo, indose sempre do seu marcador Sayáns, con unha velocidade impropia de un xogador veteran e un centro maxistral que remata dende o punto de penalty Barros de forte tiro batendo a Javier Maté.

Minuto 89,- Nova escapada de Couto e por sorte para o Moraña o seu centro non encontra rematador.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Ignacio Rey, realizándo un bó arbitraxe,  pero co erro no gol do empate do C.D. Estradense en claro fora de xogo,  que nunca debeu subir ao marcador.

INCIDENCIAS: Partido xogado con unha exquisita deportivade no Campo Municipal de Figueroa (herba sintética) con un terreo de xogo en moi bó estado. O encontro comenzou as 6,30 horas da tarde, tendo que xogarse a segunda parte con luz artificial, sendo esta moi defectuosa, ocasionándolle os xogadores moitas problemas de visibilidade,  especialmente os porteiros. Por decisión técnica non saltaron o terreo de xogo Vicente, Rúa e Pedro, este último por lesión.

DESTACADOS: Por o C.D.Estradense, sobre todos Couto o mellor dos 22, Torres é Barros. Por o Moraña Fernando Núñez, Mario Costas é Esteban.

Compárteo!

Deixa un Comentario