• Derrota que complica a clasificación para os postos de promoción.

  • Os nosos empezaron gañando pero o Bueu logrou a remontada.

Xornada 29ª e penúltima do Grupo Pontevedra de 2ª Futgal na que o Moraña visitou Bueu.

Dura derrota contra o actual 3º clasificado. Os nosos conseguiron ventaxa por medio de Anxo no minuto 15. Pouco durou a alegría xa que o Bueu empatou 6 minutos despois. E xusto no último minuto da primeira metade, o equipo local conseguiu darlle a volta ao encontro. Con este resultado de 2-1 chegouse ao final dos primeiros 45 minutos.

Trala volta do descanso, o Bueu seguiu apretando e ampliou a ventaxa no marcador. O 3-1 complicaba as opcións de sacar algo positivo pero os nosos continuaron loitando. O premio do gol chegou no minuto 90, xa sen tempo para poder buscar outro gol co que conseguir rescatar cando menos 1 punto.

A vindeira xornada será a derradeira desta tempada, aínda con opcións de meternos nos postos de promoción. Agardámoste no Buelo para conseguir a vitoria co teu apoio!

FICHA TÉCNICA

C.D. Bueu: Martín Santos, Daniel Martínez, Francisco José Graña, Alejandro Moledo (Adrián Baqueiro, 87′), Marcos Iglesias, Manuel Durán, Eloy Eidon, Darío Martínez (Christian Nerga, 74′), Miguel Moledo (Sergio Piñeiro, 74′), Daniel Reguera (Marcos González, 87′) e Jorge Paredes.

Moraña C.F.: Henrico Medeiros, Anxo Domínguez (Rodrigo Cor, 83′), Manoel Agustini, Rubén Candal, Javier Pazos, Damián Pereira (David García, 60′), Breno Santos, Godfrey Apeh (Ángel David Núñez, 90′), Emanuel Cordeiro (Gustavo de Aguiar, 60′), Levi Pereira e Yuri de Menezes.

Goles: 0-1 Anxo Domínguez (min. 15), 1-1 Miguel Moledo (min. 21), 2-1 Alejandro Moledo (min. 45), 3-1 Darío Martínez (min.55), 3-2 Manoel Agustini (min. 90).

Árbitro: Luis Hernanz Nieto. Amonestou a Manuel Durán, Darío Martínez, Alejandro Moledo e Eloy Eidon por parte do Bueu. Os amonestados por parte do Moraña foron Emanuel Cordeiro e Yuri de Menezes.

Compárteo!

Deixa un Comentario