• Derrota moi dura contra un rival complicado a domicilio.

  • Toca pasar páxina e pensar xa na seguinte xornada.

Xornada 13 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña visitaba Bueu para enfrontarse ao Beluso.

Duro correctivo na tarde de hoxe o sufrido polos nosos ante o Beluso. Un rival que sempre pon as cousas moi complicadas no seu feudo. O equipo local dominou a práctica totalidade do encontro e o Moraña non tivo opcións de poder sacar un resultado positivo. O Beluso anotou o primeiro gol mediada a primeira metade e conseguiu ampliar a ventaxa pouco antes do descanso. Co 2-0 chegouse ao final dos primeiros 45 minutos.

Trala volta de vestiarios, o encontro seguiu a tónica da primeira parte. Os locais volveron marcar 2 goles en 5 minutos e puxeron o 4-0 no marcador. Xa nos últimos 10 minutos volveron anotar outros 2 goles para poñer o definitivo 6-0 nunha tarde aciaga para os nosos. Toca levantarse e pensar xa na seguinte xornada.

O vindeiro domingo tocaranos xogar na casa contra o Atlántida Matamá.

FICHA TÉCNICA

C.D. Beluso: Iker González (Martín Santos, 80′), Darío Ferradás (Santiago Bouzón, 65′), Adrián Otero, David Portela, Álex Fernández, Rubén Barreiro, Diego Pouseu (Adrián Fernández, 80′), Marcos Pastoriza (Diego Casqueiro, 80′), Darío Fernández (Guillermo Paredes, 70′), Lope Quinteiro e Jorge Millán.

Moraña C.F.: Iván García (Manu Carracedo, 70′), David Gevorgyan (Rubén Candal, 70′), Víctor Calderón (Dani Fontán, 60′), Fernando R. Novegil, Leroy Ruegg (Moha El Hamdaoui, 60′), David Dios, Álex Domínguez, Diego Pérez, Ángel Buceta, Roi García (David García, 60′) e Sebas Cores

Goles: 1-0 Lope Quinteiro (min. 25), 2-0 Diego Pouseu (min. 40) 3-0 Adrián Otero (min. 60) 4-0 Darío Fernández (min. 65) 5-0 Jorge Millán (min. 80) 6-0 Jorge Millán (min. 85)

Árbitro:  Don André Paz López, auxiliado por Egoitz Sánchez e Aaron Manuel Santiago. Partido resolto sen ningunha tarxeta.

Compárteo!

Deixa un Comentario