-
Dura derrota coa que o Moraña certifica o descenso a Segunda Autonómica.
-
A vitoria do Vilaboa imposibilita matemáticamente a permanencia dos nosos.
Xornada 33 do Grupo V da 1ª Autonómica na que o Moraña se desprazou ata Arcade para enfrontarse ao C.D. Arcade.
Derrota moi dura a sufrida na tarde do domingo que fai que o Moraña descenda matemáticamente a Segunda Autonómica. A primeira parte foi de dominio morañés, pero os nosos non estiveron atinados de cara a portería e chegouse ao descanso co empate inicial.
A segunda parte seguiu a tónica da primeira, co Moraña sen acertar nas súas ocasións. Un gol do equipo local arredor do minuto 60 caíu coma un mazazo nos ánimos dos nosos xogadores. A pesares de seguilo intentando, non se foi capaz de conseguir como mínimo o empate.
Toca apoiar ao equipo e despedir esta tempada en Primeira collendo forzas para facer un bo papel o vindeiro ano. Imos Moraña!
A última xornada tocaranos despedir a tempada cun derbi no campo de O Buelo contra o Campo Lameiro C.D.
FICHA TÉCNICA
C.D. Arcade: Cristian Rodríguez, Marcos Couso, Lucas Reguera, Víctor Vilaboa (Nordine El Arfaoui, 58′), Lucas Rielo (David Campos, 52′), Lucas Rodríguez, Javier Couñago (Pablo Pereira, 72′), Alberto Bernárdez, Aarón Pereira, Islam El Ouarari e Hugo Amoedo.
Moraña C.F.: Manu Carracedo, David Gevorgyan (Dani Fontán, 68′), Jesús Losada, Moha El Hamdaoui (Domi García, 83′), Ramón Martínez (Víctor Calderón, 58′), Diego Pérez, Álvaro Bacariza, Roi González (Josiño Pérez, 58′), David García (Ángel Buceta, 68′), Jorge Miser e Sebas Cores.
Goles: 1-0 Nordine El Arfaoui (min. 62)
Árbitro: Marcos Campo, auxiliado por Santiago Márquez e Mariña Martínez. Amonestou a Islam El Ouarari polo Arcade e a Sebas Cores polo Moraña.