O Moraña deixa escapar unha renda de dous goles nunha mala tarde.

Os dous tantos dun Zacarías en racha non sirven para puntuar no Municipal de Bueu.

Alineacións:

C.D. Bueu: Pablo; Roberto, Canosa (min. 46 Muradás), Cristian, Moisés (min.57 Michael Santomé); Edu (min.46 Riobó), Manuel Angel, Yago, Javi; Pastoriza (min. 52 Isaac) e Iván (min.86 Mundín)

Moraña C.F.: Diego; Jhon (min.77 Jesús), Juan, Toné; Lois, Julián (min. 53 Ferrón), Roberto, Iago (min.50 Matías), Alex (min.3 Adrián, min. 18 Cristóbal); Zaca y Damián.

Árbitro: Antonio Loira Poceiro do colexio pontevedrés, bastante protestado polos dous bandos, sacou cartóns amarelos polo equipo local a Pastoriza (min.9), Isaac (min.52), Iván (min.75) e o delegado Salvador (min.89), polo equipo visitante Lois (min.20), Toné (min.35), Juan (min.47) e Jhon (min.57).

Partido moi disputado o da tarde de onte no Municipal de Bueu onde o equipo local foi superior a un Moraña que se puso dous cero nos primeiros minutos pero despois dedicouse a sestear e os locais deronlle a volta o marcador.

A escuadra visitante saiu moi metida no encontró e apretando moi arriba, así no primeiro cuarto de hora de encontró puxose en ventaxa con dous tantos tras sendos remates de Zacarías, pero ademais poido aumentar a conta cun disparo lonxano de Damián que sacou cpn moitos problemas o cancerbeiro Pablo e unha clara ocasión de Lois que se foi alta.

A partir de ahí o equipo veuse abaixo, o Moraña tivo que facer dous cambios obrigados en 20 minutos o que lle fixo trocar de sistema xa que lle estaban facendo moito dano por banda, pero o cambio de sistema non foi a solución e así a rapidez de Javi e Manuel Ángel nas bandas volvían tola a zaga visitante, así corría o min.33 cando unha contra do equipo local cun balón longo a banda dereita da defensa morañesa Javier en posición máis ca dubidosa internase e dalle o pase a Manuel para que o empuxe a rede.

Na segunda metade o Moraña perdeu o control do centrodocampo e non foi capaz en ningún momento de meterse no encontro, o empate a dous chegaría no min. 57 cando Iago noutra rápido contragolpe bate a Diego, ahí pareceu que o Moraña quiso meterse no partido e tivo duas ocasións que puideron trocalo signo do encontro en duas xogadas a balón parado unha que Roberto remata só no segundo pao e quita o defensa debaixo dos paos e un corner moi cerrado de Damián que Pablo saca cando o balón se colaba. Pero a lei do fútbol dí que o que perdona acabao pagando e unha falta inexistente por mans de Toné co colexiado asubía pola presión do respetable, e colgada á área e Iván en claro fora de xogo remata a rede era o minuto 80, de ahí ó final os visitantes intentaríano con máis corazón ca cabeza pero xa non porían en apretos o marco defendido por Pablo.

Ó final tres puntos que se escapan nunha situación inmellorable para acadar a victoria.

Compárteo!

Deixa un Comentario