O Moraña Veteranos viaxaba este sábado ao campo do Cabalo en Vilaboa para enfrontarse ao Bora Nazaret na sexta xornada da liga de Veteranos.

Unha semana máis, o equipo dirixido de novo por Germán Rúa ademáis de pelexar co rival, debía enfrontarse ao seu gran enemigo: as baixas. Á xa coñecida por lesión de Juan, uníanse a de Óscar Barros, Iago Castro, Santiño e Vicente. Viaxaron 12 xogadores.

O partido comezou totalmente ao contrario do que lle veu acontecendo a este equipo. O Moraña Veteranos comezou cunha tremenda «torrija», con contínuos erros e desaxustes, que fixo que o Bora se puxera cun claro 2-0 antes do primer cuarto de hora. O primeiro gol foi un pase á area, no que Rafa Sierra non sale a pechar, e o dianteiro o fusila na area pequena. O segundo sae dunha perda en banda dereita dos nosos, no que o Bora realiza un contraataque rápido que finalizan con pase da morte ao lado contrario.

Este resultado de 2-0 parecía unha tremenda losa, pero o equipo reaccionou rapidamente. Case na seguinte xogada, Celso remata á rede cun xenial control e un bo golpeo un centro medido de David Barros. Choveron as ocasións por parte dos nosos neste tramo final da primeira parte, pero as grandes paradas do porteiro do Bora evitaban o empate en varias ocasións. Tivo que ser Sayáns quen nun remate acrobático fixera o 2-2 tras un saque de falta lateral.

A charla do descanso non surtiu moito efecto, xa que o comezo da segunda parte foi un calco da primeira, con imprecisións, malos pases e desaxustes, que os morañeses foron solventando. Estivo preto o Bora de volver a adiantarse no lanzamento dunha falta moi cercana, pero Sierra chapou ben.

Pouco a pouco o campo volvíase a volcar cara a portería pontevedresa. E todo o que non entrou en ocasións anteriores, chegou en só 5 minutos. O 2-3 foi obra de Velay, que aproveitou un balón solto no lado esquerdo para efectuar un certero golpeo que entra tras dar no pau dereito. Por fin o Moraña se poñía por diante, o que foi un mazazo para os locais, xa que nin dous minutos despois, Nico facía o 2-4.

Parecía o partido pechado e no que só quedaba controlar e manter o resultado, pero un grave erro de Toño nun balón largo, convírtese nunha asistencia ao dianteiro do Bora para que faga o 3-4. Quedaban 10 minutos e moito que sufrir, cun partido que se convertía nun encontro de ida e volta. Tiveron opcións os dous equipos, pero foi o Moraña o que logrou case co tempo cumplido facer o 2-5, no saque rápido dun libre indirecto, e o 2-6 nun gran golpeo de Santi Paz. O vilagarciano reencontrábase co gol con estes dous «chicharros».

En resumo, o mellor do encontro foi o resultado, xa que os pupilos de Rúa xogaron un moi mal partido. Toca unha semana de autocrítica e de reflexión para recuperar sensacións e tratar de non cometer tantos erros que noutro encontro serían definitivos.

Ánimo e sorte aos veteranos!!

FICHA TÉCNICA

Bora Nazaret 3 – 6 Moraña Veteranos

Xogaron polo Moraña C.F.: Rafa Sierra, David Barros, Mario, Toño, Yeyo, Santi Paz, Sayáns, Celso, Velay, Eloy, Nico e Fuentes.

Goles: Celso, Sayáns, Velay, Nico e Santi Paz (2)

Compárteo!

Deixa un Comentario