«Só Nanancho pode reconducir esta situación» afirmou Florentino Pérez

florenAs oficinas do Moraña C.F. recibiron na mañán de hoxe a confirmación dun rumor que foi gañando forza nos últimos días. A dirección deportiva do Real Madrid C.F. pensou para o cambio de adestrador da primeira plantilla en Germán Rúa, técnico do Moraña Veteranos.

Ao parecer, a sua dilatada experiencia e o bo manexo de vestiarios «galácticos» nas últimas tempadas na nosa sección de veteranos, fixeron que o club branco se decidira por él para substituír a Rafa Benítez. A solicitude chegou á primeira hora de hoxe, e Nanancho ten todo o día de hoxe para decidirse.

Non é a primeira vez que o técnico morañés recibe ofertas de clubes importantes, pero esta, ademáis de suculenta no económico tamén o é no deportivo, xa que podrá adestrar a xogadores de primeiro nivel mundial, algo ao que xa está acostumado en Moraña.

Os rumores apuntan de que acompañarán nesta andadura a Germán, Nico como Segundo Adestrador, Manolo Fuentes como Psicólogo e Celso como Preparador Físico. Iremos informando de novidades.

Compárteo!

Deixa un Comentario