Cando parecía que Germán Rúa “Nanancho” xa non podía sorprendernos máis, hoxe 28 de decembro, volve a ser noticia dentro do Moraña C.F.
Pese á boa marcha dos nosos Veteranos nesta tempada de regreso á competición, non eran poucos os que botaban en falta máis “pólvora” polas bandas. Ante esta situación e tras peinar moito o mercado na búsqueda dun xogador con amplo recorrido e experiencia, a Dirección Deportiva dos Veteranos tomou a decisión de “tentar” ao ex Presidente para o seu regreso: a resposta foi afirmativa.
Non sé se vai ver reforzada a faceta deportiva cun xogador da experiencia e traxectoria de Nanancho, se non que ademáis o aspecto lúdico tamén gaña moitos enteiros: a calidade e cantidade dos pinchos e das cenas vaise ver potenciado exponencialmente.
Dende o Moraña C.F. desexámoslle a mellor das sortes neste regreso, que o respeten as lesións e que lles marque o camiño a estes “novos” Veteranos.