Traballada victoria da sección de Veteranos do Moraña C.F. na tarde de hoxe na Chanciña (Campo Lameiro). Os pupilos de Rúa, enfrontábanse na oitava xornada de Liga ao Bar Carocha, un equipo que milita na metade da táboa pero un equipo correoso e difícil, que xogou un gran partido ante os nosos.

Para este encontro, o Moraña contaba con varias baixas, pero a pesar destas, a convocatoria era de 14 xogadores, con varias opcións e variantes para o míster.

A primeira parte xogouse a un ritmo altísimo, parecendo máis un partido de categoría Senior que de Veteranos, con contínuas idas e voltas, presión alta por parte dos dous equipos e moito mediocampismo, sen un dominador claro. O Carocha saía con dous puntas rápidos, Josete e Ferrón, aos que buscaban con balóns á espalda da defensa. Os morañeses non conseguían impoñer o seu xogo de toque, cun Goran que viviu un marcaxe férreo ao home durante todo o encontro, e bastantes nervios na zona de creación.

A primeira clara tívoa o Carocha, cun centro dende banda esquerda que rematou fóra Josete anticipándose a Rafa Sierra. O Moraña C.F. poucas tivo na primera parte máis aló de xogadas a balón parado, e un remate dende lexos en segunda instancia de Eloy que despexou a defensa.

No último tramo da primeira parte os de Campo Lameiro lograron o dominio, tendo varias ocasións claras, incluíndo outra anticipación a un centro dende a banda esquerda que se atopou co pau da portería.

No descanso, o míster apacigou ao equipo, que estaba demasiado precipitado e pediu calma e paciencia, e fixo fincapé no plan de inicio do encontro, de buscar combinar e xerar xogo.

O partido seguiu pola mesma liña na reanudación, pero baixando a intensidade, xa que o ritmo era insostible. Según iban pasando os minutos, o Moraña foise facendo co dominio, comezou a ter as ocasións máis claras e a pesares de que o Carocha chegaba á porta, os remates eran sen perigo e doado de resolver para a defensa morañesa. Germán Rúa foi movendo o banquillo, dando entrada a Iago e David, que deron enerxías novas e lle deron o pulo final ao encontro.

A ocasión máis clara do encontro foi a que tivo Goran Djorovic nos seus pes, tras unha grandísima xogada dos nosos, cunha boa internada de Santi Paz que combina na área e lle deixa o balón a Goran para empuxar. O serbio rematou fóra. Pouco despois o vilagarciano Santi Paz tivo que retirarse do encontro por un mal xesto no seu xeonllo esquerdo, que xa tiña tocado. Agardamos que non sexa nada e pronto volva aos terreos de xogo.

No minuto 80 quedaron os das Fragas con 10, ao ver o seu capitán a segunda amarela. Este feito fixo que os morañeses intentasen ir a polos puntos aínda con máis ímpetu, pero non daban atopado a forma de abrir a lata.

O único gol do partido chegou no desconto. Un saque de falta do Carocha que chapa Rafa Sierra, saca rápido en largo, peina Iago, Eloy conduce ata o área e lle cede o balón a Santiño para que empuxe adentro. Unha contra de libro que valeu os tres puntos.

Pero o final foi de infarto, cun lanzamento de falta lateral e ata tres córners consecutivos en contra do Moraña que defenderon con uñas e dentes os nosos veteranos. Ao final do encontro, 0-1 e unha nova victoria que nos permite seguir nos primeiros postos da clasificación.

Noraboa aos «chavales» e a seguir loitando!

FICHA TÉCNICA

Bar Carocha 0 – 1 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Rafa Sierra, Yeyo, Mario Costas, Toño, Fuentes, Eloy, Sayáns, Goran Djorovic, Celso, Santiño, Nico, David, Iago, Vicente e Santi Paz.

Gol: Santiño (minuto 90)

Compárteo!

Deixa un Comentario