Deixámosvos nesta entrada, todos os partidos nos que van participar as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana:

  • A fin de semana comeza o sábado, cos Benxamíns que xogan no Buelo ás 10:30 ante o C.D. Arcade.
  • Os Prebenxamíns viaxan tamén sábado á Illa de Arousa, para enfrontarse na Bouza ao Céltiga C.F. O encontro comezará ás 11:45.
  • Os Alevíns reciben no Buelo o sábado ao Vilagarcía S.D. «B» as 12:00.
  • Os Veteranos viaxan a Vilagarcía para enfrontarse ao San Pedro Bar Naranjito no Campo de O Coruxo (Cornazo) . O encontro comeza ás 16:15.
  • Os Xuveniles viaxan á Lanzada, para xogar ante a S.D. Noalla, sábado ás 20:00.
  • Os Cadetes non teñen xornada porque descansan, e os Biberóns suspenden o encontro ante o S.C.D. Ponte Caldelas para a vindeira semana.
  • Os Infantiles xogan o domingo na Xunqueira 2 (Pontevedra) ante o Salgueiriños C.F. «B» ás 10:00.
  • O Primeiro Equipo do Moraña C.F. xoga o domingo en Mirallos ás 12 da mañán ante o Barro C.F.

Ademáis destes encontros, xogaránse na tarde do sábado no Buelo os seguintes encontros de veteranos: ás 16:00 A Rula -Maikel y Best e as 18:00 Castañal – Loren Osteopata.

Compárteo!

Deixa un Comentario