Aquí vos deixamos os partidos que van disputar esta fin de semana todas as seccións do Moraña C.F.

  • A xornada arranca cos Xuveniles, que xogan ás 10 da mán nas Cachizas (Dena) contra a Unión Dena C.F.
  • Os Cadetes tamén viaxan fóra, no seu caso ao Berdón (Vilagarcía)  para xogar contra a A.D. Arousa F7, tamén ás 10:00.
  • As 10:30 están convocados os Prebenxamíns no Buelo, nun último partido de adestramento no que xogarán dous equipos formados por eles mesmos e que lle servirá a Manu e Iago para tirar as últimas conclusións de cara ao primeiro partido de Liga da seguinte semana.
  • Ás 12:00 por fin os nosos Infantiles comezan a competición tras non poder facelo na primeira xornada ao deixar a competición o C.D. Mosteiro. Xogarán ás 12:00 no Buelo contra o San Martín «B».
  • Os Alevíns viaxan a Pontevedra, para enfrontarse ao Pontevedra C.F. ás 16:00 na Xunqueira 1.
  • Os Veteranos xogan na casa, recibindo ao Albariño ás 18:00 no Buelo.
  • Os Benxamíns xogan domingo, ás 13 horas en San Pedro (Marín) contra a E.F. Villa de Marín.
  • O Equipo Senior do Moraña C.F. pecha esta xornada, enfrontándose no Buelo ao Libertad Sporting Club nun duelo que promete ser moi vibrante. Será o Domingo ás 16:30 horas.

Moita sorte e ánimo a todos!!!

Compárteo!

Deixa un Comentario