Aquí vos deixamos a axenda de partidos para esta fin de semana. Todos os partidos nos que participa o Moraña C.F. terán lugar o sábado.

  • Os máis madrugadores van ser os nosos Benxamíns, que viaxan a Pontevedra, para enfrontarse á A.D. Sagrado Corazón no Principe Felipe. O encontro comezará ás 10:00.
  • Ás 10:30, no campo de O Buelo xogarán os Prebenxamíns, na súa segunda xornada ligueira. Visítanos a E.D. Arousa S.D.
  • Ás 12:00, tamén no Buelo, xogan os Infantiles na súa cuarta xornada, contra a S.D. Santomé.
  • Ás 16:00 no Buelo xogarán os Veteranos, contra o Arcade Veteranos.
  • Os Cadetes viaxan a Cambados, para enfrontarse a partires das 16:30 ao Xuventude Cambados no Pombal.
  • Ás 17:15, os Alevíns xogan contra a E.D. Arousa S.D. en Monte Redondo (Vilanova de Arousa)
  • Os Xuveniles tamén xogan na casa, no Buelo. Ás 20:00 horas contra o C.D. Ribadumia «B».
  • Á mesma hora, pero na Senra (Ribadumia) o noso equipo Senior se enfronta ao C.D. Ribadumia «B».

Ademáis destes encontros do noso clube, o sábado ás 18:00 no Buelo xogan Cafetería Pasaje – A Diario de Veteranos.

Moita sorte a todos os equipos e a seguir pelexando!!

 

Compárteo!

Deixa un Comentario