Deixamos nesta entrada toda a axenda de encontros que as distintas categorías do Moraña C.F. van a desputar nesta vindeira fin de semana.

  • Os Prebenxamíns abren a xornada do sábado, recibindo no Buelo á E.F.B. Vilanova a partir das 10:30.
  • Tamén a esa mesma hora e mesmo campo, os Benxamíns reciben á A.D. Sagrado C.F.
  • Os Xuveniles viaxan a Baltar de Arriba (Sanxenxo) para xogar ante o Xuv. Sanxenxo ás 11:30.
  • Os Cadetes reciben no Buelo á A.D. Arousa F7 a partir das 12:00.
  • Os Biberóns afrontan un interesante derbi na Liga de Poio, ante o Caldas C.F. no Pavillón de Lourido ás 12:20.
  • Os Veteranos reciben a partir das 18:00 ao Bora Nazaret F.C. no Buelo.
  • Xa na xornada do Domingo, os Infantiles viaxan a Vilaxoán, para xogar ante o San Martín «B» a partir das 10:00
  • Os Alevíns xogan no Buelo, recibindo ao Pontevedra C.F. a partir das 12:00.
  • O Primeiro Equipo xoga en Mirallos, a partir das 17:00 ante o C.D. Xil.

Moita sorte a todos!

Compárteo!

Deixa un Comentario