Aquí vos deixamos a axenda de encontros que se van a disputar esta fin de semana, aproveitando a ponte para adiantar nos casos nos que se pudo a xornada que tiña que disputarse o día 2 de xaneiro. Deste xeito, os equipos poderán ter un descanso máis longo durante o Nadal.

  • A xornada comeza o Sábado ás 10:00 da mañán, onde os Xuveniles se enfrontarán ao Unión Dena C.F. no Buelo adiantando a xornada do 2 de xaneiro.
  • No mesmo campo, ás 12:00, os Infantiles xogarán ante a A.C.D. A Seca «B» o encontro adiantado do 2 de xaneiro.
  • Ás 11:00, os Cadetes xogan en Vilanova, adiantando tamén a xornada e xogando ante a S.D. Chispa en Monte Redondo.
  • Os Biberóns xogarán un amigable en Cuntis, ante o Atlético Cuntis, no Pavillón Municipal, a partir das 11:30.
  • Os Veteranos viaxan a Cambados, para xogar contra o Soho Veteranos ás 16:15 no Pombal.
  • O domingo, os Prebenxamíns viaxan a Outeiro-Perdecanai, para xogar contra o Barro C.F. ás 10:30 horas.
  • Os Alevíns van a participar o domingo no prestixioso Torneo Tucho de la Torre, organizado pola E.F. Vila de Marín, que tivo a deferencia de invitarnos e onde se enfrontarán a grandes equipos como o Celta, Arosa, Alondras, Choco…
  • O Martes 8 de diciembre, os Alevíns xogan tamén o partido adiantado da xornada do 2 de Xaneiro, ante o Juv. Cambados no Pombal ás 12:00.

Ademáis destes encontros, teremos estes encontros de Veteranos nas nosas instalacións:

O BUELO
16:00 A Rula – Uzal Seguros
18:00 Castañal – Bocateria Don Pincho Barro

MIRALLOS
16:00 Cafetería Pasaje – Salud

Compárteo!

Deixa un Comentario