Xa temos horarios e campos confirmados para os distintos encontros que os equipos do Moraña C.F. van a desputar esta fin de semana.

  • Comezan os encontros o Sábado cos Cadetes, que reciben ás E.D. Poio no Buelo, a partir das 10:00.
  • Ás 11:00 os Alevíns viaxan as Corticeiras para xogar un amigable ante o Caldas C.F.
  • Ás 12:00, os Xuveniles xogan no Buelo ante a E.D. Arousa S.D.
  • Xa pola tarde, os Veteranos reciben ao Fortuna San Martín. No Buelo, a partir das 17 horas.
  • Na mañán do domingo, os Infantiles viaxan a Monteporreiro para xogar ante o equipo pontevedrés. Ás 10:00, no Campo Municipal de Monteporreiro.
  • Ás 11:00, no Buelo, teremos un doble enfrentamento entre o Benxamín «B» e o Prebenxamín ante os equipos do Arosa S.D.
  • E pola tarde, no Campo Javier Guimeráns de Hío, o Primeiro Equipo xoga ante o F.C. Cruceiro.

Moita sorte a todos!!

Compárteo!

Deixa un Comentario