Empate que sabe a pouco.

Alineacións:

At. Estación: Pepe; Adrián, Juan Ricardo, Eduardo (min.80 Mario), Daniel; Jeison, Iker, Víctor (min.62 Luis), Marcos (min.46 Miguel); Brandon y Carlos (min.65 Carlos).

Moraña C.F.: Zapa; Toné, Juan, Jhon; Lois, Cristóbal (min.65 Iaguito), Julián, Adrián (min.80 Xoel ), Alex; Bairon (min.55 Matías) y Zaca.

Árbitro: Sr. Carlos Fernández Mejuto do colexio pontevedrés.

                Cartóns Amarelos:         At. Estación: Daniel, Miguel e Xosé Manuel (adestrador)

                                                               Moraña C.F.: Jhon, Cristóbal, Adrián, Alex y Matías.

                Cartóns Vermellos:        At. Estación: Juan Ricardo (2 Amarillas)

Só un arbitraxe caseiro e a falta de acerto privaron ó Moraña de sacar os tres puntos na tarde de onte na Xunqueira.

O partido comenzou cun At. Estación que saiu mais metido e nos primeiros dez minutos encerrou ó Moraña no seu campo pero sin crear ocasións claras de gol.

A partir dese momento os do espeto sacudironse a presión e dominando o centro do campo escomezaron a crear ocasións suficientes como para merecer poñerse por diante no marcador, a máis clara un cabezazo de Zacarías o longueiro que Toné non foi capaz de rematar en boca de gol con Pepe batido, pero tamén Jhon, Alex e Bairon tuveron cadansúa ocasión de gol antes de chegar ó tempo de lecer.

A segunda metade comenzou cun equipo local intentando levar a iniciativa pero as recuperacións de balón da escuadra morañesa e os seus rápidos contragolpes cun acertado Adrián no pase e duas bandas moi incisivas con Alex e Lois unidos ó gran traballo de Zaca aguantando ó balón na punta orixinaron varias ocasións de gol que sólo a gran tarde do gardaredes visitante Pepe evitaron que algún tanto subise ó electrónico.

Cando se cumpría o minuto 90 de partido o colexiado Sr. Carlos Fernández tomou una decisión que foi clave para o resultado do encontró e perxudicou claramente ó equipo visitante, anulando o tanto de Matías por un inexistente fora de xogo despois dunha rápida contra moi ben levada por Iaguito, Zacarías e Matías.

Moi boa imaxe do Moraña no  campo da Xunqueira ainda que o punto sabe a pouco se analizamos os merecementos dun e outro equipo.

Compárteo!

Deixa un Comentario