Os nosos alevíns viaxaron ao Manuel Jiménez na mañán do sábado para xogar a 27ª Xornada de Liga ante o Arosa S.C. O equipo de Juan López cumpliu co obxectivo marcado para este equipo: competir. E de feito que o fixo ante un dos «cocos» da categoría.
Os nosos sairon ao encontro con ganas e lograron disputarlle o encontro na primeira parte ao Arosa, que chegou ao descanso coa vantaxe mínima.
Nos segundos 35 minutos, o cansancio fixo mella nos nosos, e o Arosa logrou subir a conta ata o definitivo 5 a 0.
Bo traballo dos alevíns, que seguen a dar a cara ante todos os rivais de Liga e seguen na parte alta da clasificación. A vindeira semana reciben ao líder, Portero 2.000 no Buelo. A prepararse para este encontro!!

FICHA TÉCNICA

Arosa S.C. 5 – 0 Moraña C.F.

Arosa S.C.: David, Isaac, Rodrigo, Diego, Pedro, César, Hugo, Roi, Jose, Fabio, Pablo, Óscar, Jaime, Álvaro, Samuel e Carlo.
Moraña C.F.: Óscar, Dani, Anxo, Álvaro, Sergio, Yoel, Pablo, Alejandro, Lucas, Amestoy, Mateo, Abel e André.
Goles: 1-0 Samuel (min. 14); 2-0 Roi (min. 39); 3-0 Samuel (min. 47); 4-0 Jose (min. 56); 5-0 Hugo (min. 62).

Compárteo!

Comentarios Pechados.