Arosa e Moraña asinan o empate que ninguén quería (2-2)

Na foto Santi Paz, autor dos dous goles morañeses.

 Repartición de puntos e de insatisfacción no Berdon, porque o premio non serve á o Arousa pra librarse como farolillo roxo e tampouco alivia os problemas do Moraña na loita pola salvación.

Empate que non gusta nin a o Arousa nin a Moraña no Campo de Berdon  (2-2), nun encontro equilibrado que parecía condenado a decantarse por os morañeses tras o primeir gol de gol de Santi Paz no minuto 63′, tras ser derribado dentro da area, señalando o Sr. Colexiado o xusto penalti que o mesmo Santi Paz transforma no primeiro da tarde.

Nas filas do Arousa hai unha cantidade increible de grandes xogadores, pero os de Gómez non están agora mesmo na súa mellor versión. Con todo, son un conxunto nobre, fiel a si mesmo, que non renuncia ao seu modelo de xogo, senón que intenta potencialo e recuperar o seu máximo nivel. O problema é que toparon cun Moraña ben pechado e que xerou perigo en cada intervención de Goran é Santi Paz.

A posesión, iso si, era case todo o anaco para o Moraña, que non acertaba co último pase. No minuto 74′ nun despiste colectivo da defensa morañesa o xogador Canto libre de marca bate o bó gardameta Maté. 
O duelo afeouse por momentos, cos locais estirando posesións e tratando de facer bo o seu gol. Non facía gran cousa o Moraña, pero era un xogo perigoso para os arousans, como demostrou o lance illado que conduciu o 1-2, minuto 79,  tras unha gran xogada de Goran que mete para Santi Paz que de tiro cruzado bate o gardameta arousan. Parecia que o encontro estaba setenciado é cando só faltaba catro minutos pra un final do encontro o Sr. Colexiado pitan unha man dentro da area do morañes Juan, o penalty o lanza Ramiro por baixo e moi axustado o pau esquerdo que Mate esta a punto de atrapar tras tocar o balón (2-2). 

Ao final, mesmo puido dar a badalada o cadro morañés, pero o gardameta arousan  salvou no desconto un remate de Santi PaZ.

ALIÑACIÓNS:

Arousa:  Cora (46’Oscar); Conde, Fernández, Iglesias, Francisco Javier; Martinez, Señoráns(37′ Mato), García(34′ Cora); Gonzalez(21′ Boveda), David(46′ Gómez), Canto(36′ Gonzalez(80′ Jimenez)).

MORAÑA C.F.: Javier Maté; Ventura (46′ Juan),Toño, Yeyo, Stoicov(32′ Fuentes(75′ Ventura); Rafa Saez (46′ Nico), Sayáns(60′ Nuñez), Nuñez(46′ Mario Costas), Roberto, Goran é Nico (25′ Santi Paz).

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés J. Aldao, realizando un bó arbitraxe, mostrou tarxetas amarelas os arousans Rodiño, Gonzalez, Cora é Iglesias é por o Moraña,  Goran é Juan.

INCIDENCIAS: Partido xogado nas instalacións do Campo de Berdon en Vilagarcia,  herba sintetica en boas condicións,  tarde moi agrafdable con unha temperatura de 14º. Sayáns foi sustituido por molestias no xeonllo dereito

Despois do encontro os xogadores repuxeron forzas en Castro Gudin nun furancho.

DESTACADOS: Por o Arousa Señoráns, David é Fernández,  por o Moraña , Javier Maté, con moi boas intervencións, Goran é Santi Paz.

Compárteo!

Deixa un Comentario