A categoría de Veteranos viaxou a Sotomaior na tarde de onte, para enfrontarse ao Arcade Veteranos na 24ª Xornada de Liga. O equipo de Germán Rúa recuperaba a varios xogadores, pero perdía a Jairo, lesionado a semana pasada. Con todo, 14 xogadores compoñían a expedición.

O primeiro tramo do encontro estivo marcado polas imprecisións dos nosos, que propiciaban contras e ocasións dos locais, que ata en 3 oportunidades se plantaron no man a man con Rafa, enviando o balón fóra nas tres. Segundo foron pasando os minutos, o Moraña entonouse, sendo cada vez máis precisos e contundentes, cortando antes aos rivales e comezando a xerar perigo. Este perigo chegaba sobre todo a balón parado, no lanzamento de faltas e córners. E foi precisamente nun lanzamento de córner pasado ao segundo pao de Eloy, que Goran remata por enriba do porteiro local. 0-1 pero moito partido por diante. Con este resultado se chegou ao descanso.

O comezo da segunda metade foi un acoso por parte do Arcade, que se volcaba en ataque con balóns largos á espalda da nosa defensa e buscando a velocidade dos seus puntas. Unha vez a defensa e outra o noso porteiro solventaron o perigo. O partido comezou a volverse bronco, con entradas a destempo e protestas dos locais, o que fixo que se quedaran con 10 xogadores ao ver a segunda amarilla un xogador nunha entrada por detrás. E con 9, trala expulsión do porteiro que derribou a Nico cando se plantaba só para marcar. O claro penalti convertiuse tralas protestas locais nunha falta fóra da área. Pero Eloy, cun lanzamento maxistral facía o 0 a 2.

Para pechar o partido, Rúa deu entrada a dous xogadores de corte defensivo, Ventura e Fuentes. E case se logra deixar a portería a cero por tercer encontro consecutivo, pero no desconto, Fuentes derriba ao dianteiro do Arcade, co conseguinte penalti. Transformárono os locais, que incluso dispuxeron de 2 ocasións claras antes do pitido final, que desbarataron Rafa e os defensas.

Ao final dos 90 minutos, 1 a 2 no electrónico, e tres puntos que viaxan a Moraña. Pouco a pouco, según van recuperando efectivos, os nosos van recuperando o nivel. Agardamos que pouco a pouco se complete o plantel de novo e fagan un gran final de Liga. Próximo rival, o Bar Carocha, no Buelo o vindeiro sábado. Ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Arcade Veteranos 1 – 2 Moraña Veteranos

Moraña C.F.: Rafa, Juan, Toño, Yeyo, David, Óscar Barros, Goran Djorovic, Mario, Eloy, Santiño, Nico, Ventura, Fuentes e Sayáns.

Goles: Goran Djorovic e Eloy.

Compárteo!

Deixa un Comentario