CRÓNICA en elaboración.

O MORAÑA VETERANOS UNHA VEZ MAIS DEIXOU UN BO SABOR DE BOCA NA SÚA VISITA A ARCADE. OS MORAÑESES FORON DONOS E SEÑORES DO CONTROL DO PARTIDO CUN DOMINIO TOTAL E UN FUTBOL DE ALTOS KILATES, TANTO É ASÍ QUE POR PARTE DO ARCADE A SÚA FIGURA DO ENCONTRO FOI O SEU PORTEIRO ELADIO, ESTANDO MAXISTRAL EN TODAS AS SÚAS INTERVENCIÓNS E FACENDO GRANDES PARADAS CANDO NA BANCADA XA SE CANTABA O GOL. O PORTEIRO MORAÑÉS JAVIER MATEI, FOI PRACTICAMENTE UN ESPECTADOR MÁIS, POIS A SUA DEFENSA ESTIVO A UN ALTO NIVEL SEN DARLLE UNHA SOA OPCIÓN AO ATAQUE ARCADIENSE. A VERDADE QUE TODO O EQUIPO MORAÑÉS ESTIVO A UNHA GRANDE ALTURA, MERECEDORES TODOS ELES DE SER DESTACADOS POLO GRANDE ENCONTRO REALIZADO. CON ESTE RESULTADO OS MORAÑESES ESCALAN Á DÉCIMA POSICIÓN DA TÁBOA CLASIFICATORIA E CON MOITO ANIMO PARA RECIBIR O PRÓXIMO SÁBADO AO RECÉN ASCENDIDO NOALLA NO CAMPO DA DEVESA EN VALGA.

 

ALIÑACIÓNS:

 ARCADE C.F.:Eladio; Agulla(46’Sobral), Gómez, Landín, Acuña; Vilas, López, Casal; Couñago(55’Vidal), Gil, Ocampo(63’Couñago).    

Moraña.,C. .F.;Javier Maté; Juan(46 Toño), Yeyo, Mario Costas(80’Juan), Fuentes; Nico(60′ Ventura), Sayáns, Núñez, Esteban(82′ Nico); Celso e Santi Paz.

Na foto Esteban, autor do primeir gol e tamen dou o pase do segundo gol.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 4?,- Ocasión do Moraña, Santi Paz marchase por velocidade e o seu remate o deten o porteiro Eladio.

Minuto 8′,- Santi Paz  é derribado dentro da area e o árbitro non pita un penalti claro o balón chega a Celso, detendo o seu disparo Eladio.

Minuto 10?,- Centro de Celso e remate ca testa Nico o poste desviando posteriormente o porteiro a corner.

Minuto 19?,- Ocasión de Santi Paz, que desbarata a defensa do Arcade. 

Minuto 21?,- Xogada de Santi Paz para Esteban e o seu disparo o deten Eladio.

Minuto 23′,- Celso lanza unha falta o borde da area, detendo moi ben o meta local,

Minuto 29,- Gran Xogada de Santi Paz, indose de varios defensores que lle saien o paso é dende a liña de fondo da o pase da morte a Celso, que desde o punto de penalti tira incomprensiblemente as mans do porteiro.

Minuto 40′,- Primer tiro do local López que deten Maté.

Minuto 43′,- Gran pase de Celso para Santi Paz que se marcha por velocidade de varios defensas e o seu tiro o deten o bó gardameta Eladio.

Minuto 56′,- Gran xogada de toda a dianteira morañesa con tiro final de Santi Paz que sae fora.

Minuto 59,- (0-1)GOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Celso mete para o desmarque de Esteban que ante a saida do porteiro bateo por baixo.

Minuto 62,- Quen si non, Santi Paz novamente fai estragos da defensa local e o seu tiro o deten Eladio.

Minuto 70′,- (0-2),- GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Esteban saca unha falta o borde da area, e a remata Sayans co pe o fondas das redes.

Minuto 72,- Santi Paz fai un gran remate e rechaza o porteiro, caille o balón nos pes a Esteban no punto de penalti que se entreten e perde o balón.

Minuto 88′,- Nova ocasión de Santi Paz que deten o porteiro.  

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés José Antonio Montoto con un perfecto arbitraxe, dada a sua personalidad non tivo que enseñar tarxetas.   

INCIDENCIAS: Encontro xogado no campo do O Candan en Soutomaior. Tarde moi agradable  con unha temperatura de 23º. Despois do encontro os xogadores morañeses fixeron unha parada no Restaurante Avenida de Arcade, donde degustaron os productos da terra. 

DESTACADOS: Polo Arcade o seu porteiro Eladio, facendo intervencións de autentico luxo . Por o Moraña todos estiveron a gran altura, facendo todos eles un partido perfecto.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario