O MORAÑA SEGUE EN BO REFACHO DE XOGO E RESULTADOS. OS MORAÑESES LIBRARON UN GRAN PARTIDO EN SAN VICENTE DO MAR, ENDOSÁNDOLLE AO AMAÑECER UN O-3 E DEIXÁNDOOS NUNHA SITUACIÓN MOI COMPLICADA. OS DISCIPULOS DE RÚA LEVARON SEMPRE O MANUBRIO DO PARTIDO, MARCANDO SEMPRE OS TEMPOS QUE LLE CONVIÑAN. SANTI PAZ POR FIN CASE RESTABLECIDO DAS LESIÓNS QUE ESTIVO A PADECER DURANTE TODA A TEMPADA VOLVEU SER DETERMINANTE, O VILAGARCIANO CON DOUS GOLES E UNHA ASISTENCIA
METE AOS DO GROVE EN SERIOS APUROS DE CARA A MANTER A CATEGORIA. OS MORAÑESES CON ESTE RESULTADO SEGUEN ESCALANDO POSTOS NA CLASIFICACIÓN XERAL SITUANDOSE NUN COMODO  9º POSTO.

 Na foto Santi Paz, autor dos dous primeiros goles é unha espectacular asistencia no terceiro.

ALIÑACIÓNS:

AMAÑECER: Radio; Caneda, Francisco Castro, Lino Castro(55’Goady), Luis Otero; Blanc0(40’Javier Otero), Dominguez(46’Oscar Otero), Lois(35’Eloy); Viñas(72’Castro), Alfonso e Carlos Otero(46’Alvarez).  

A.C.D. MORAÑA: Rafa Sierra; Eloy, Juan(79′ Rúa), Yeyo, Fuentes; Nico(30′ Oscar), Fernando Núñez, Sayáns(40′ Mario Costas), Esteban(56′ Nico); Celso(61′ Wiky, 77’Celso) é Santi Paz.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 6′,- Gran tiro de Celso que sae alto.

Minuto 9′,- (0-1),- GOOOOOOOL DO MORAÑA, Fernando Núñez envía un balón largo a Santi Paz que se vai por velocidade de toda a defensa é ante a saida do porteiro cruza o balón ao fondo da rede.

MInuto 12,- Gran xogada de Esteban por banda e o seu tiro sae fóra por pouco.

Minuto 18′,- Nico presentase só diante do porteiro e inocentemente remata as mans de este.

Minuto 29′,- Centro do xogador grovense Caneda, rematándo Alfonso fora por puco.

Minuto 40′,- Gran xogada de Celso para Sayáns é este no punto de penalty envia fóra.

Minuto 45′,- Remate do dianteiro grovense Alfonso, detendo moi ben colocado Rafa Sierra.

Minuto 47′,- Gran xogada de Santi Paz que dende a liña de fondo, centra para trás é Celso cando iba rematar adiantaselle un contrario. 

Minuto 49′,- Rafa Sierra para en dous tempos un tiro de Castro.

Minuto 52′,(0-2),-GOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Celso mete un precioso balón a Santi Paz é este remata impecablemente o fondo da porteria.

Minuto 56′,- Remate de cabeza de Alfonso e o balón sae fóra.

Minuto 73,- Remate do xogador do Amañecer Castro. saindo fóra.

Minuto 82,- Santi Paz vaise novamente só e ante a saida do porteiro faille unha vaselina saindo fóra por pouco.

Minuto 85′,- Mario Costas derriba a un contrario dentro da area, señalando o arbitro o correspondente penalty, encargase de lanzalo Alfonso (o estilo Sergio Ramos) e o balón marcha moi alto.

Minuto 89′,- Saque de falta de Fernando Núñez e o balón peta no poste, o rechace caille a Santi Paz que a porteria baleira tira fóra.

Minuto 90′,-(0-3),. GOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,. Santi Paz despois de regater a varios contrarios, dende a liña de fondo centra para atrás é Celso de gran tiro fusila o porteiro.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Victor, facendo un bó arbitraxe, enseñou tarxeta amarela o xogador do Amañecer Alfonso, por o Moraña enseñoulla a Fuentes e Mario Costas.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de As Lampans (sintéctico) en San Vicente do Mar. Tarde soleada con unha temperatura de 13º. Despois do encontro os xogadores do Moraña tuveron unha xuntanza no mesón da Miña Neta Lola en Cambados, propiedade do xogador morañés Mario Costas.

DESTACADOS: Por o Amañecer, Caneda, Alfonso é Viñas. E por o Moraña, Santi Paz, Esteban, Celso, Fernando Núñez e a seguridad de Rafa Sierra na porteria.

Compárteo!

1 comentario

  1. En los madriles. Mañana a ver al Sevilla por Pedro . Las 12 de la noche y alegría : 0-3. Estoy cenando y copearé algo. Enhorabuena

Deixa un Comentario