Os Alevíns do Moraña C.F. recibían onte no Campo de O Buelo ao equipo «B» do Céltiga, formado na súa maior parte por xogadores de primeiro ano. Este feito condicionou claramente o encontro, xa que o noso equipo, formado por xogadores máis desenvolvidos non deu opción ao visitante.

Malia a todo, o encontro chegou ao descanso cun resultado de 1 a 0, pero a diferencia física fixo que segundo pasaba os minutos, os nosos foran facendo goles con facilidade, marcando ata 7 no segundo tempo, con hattrick de Amestoy e doblete de Dani Fontán incluídos.

Nova victoria dos alevíns, que viaxan a Vilagarcía a vindeira semana. Moito ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 8 – 0 Céltiga C.F. «B»

Moraña C.F.: Óscar, Dani, Jonathan, Anxo, Álvaro, Domi, Alejandro, Mateo, Abel, Amestoy, Sergio, Rubén, Yoel, Gael e André.

Céltiga C.F. «B»: Tania, Dani, Aimar, Manuel, Iago, Javier, Jonathan, Borja, Aaron, Iván, Vicen, Galiñanes, Rodríguez, Adrián e Bruno

Goles: Amestoy (3), Mateo, Alejandro, Yoel e Dani (2).

Compárteo!

Deixa un Comentario