Os Alevíns do Moraña C.F. recibían este sábado no Buelo ao Vilagarcía S.D. «B» na sétima xornada de Liga. Os nosos, que atravesaban un bache de xogo e resultados no que non estaban a dar todo o seu potencial, tomábanse este encontro como punto de inflexión para volver ao nivel mostrado no comezo da liga. Lográrono con creces.

Durante todo o encontro o equipo de Juan López deu mostras de mellora, saindo ao partido por fin enchufados e coas ideas claras dende o primeiro minuto. De feito, este empuxe inicial fixo que se adiantaran cedo, cun gran gol de Amestoy e coa transformación dun penalti por parte de Mateo que encarrilaba o encontro xa no minuto 5.

IMG_20151107_131523Despois de este arreón inicial tan forte, o equipo acusou nos seguintes minutos o esforzo, e o encontro igualouse. Fixo o terceiro Dominic, no minuto 23. Este 3 a 0 foi o resultado ao descanso.

Nos segundos 35 minutos, os morañeses non baixaron o pistón, e lograron meter ao Vilagarcía no seu campo, facendo unha boa presión tras pérdida, e buscando a portería rival a reo. O equipo logrou 3 goles máis neste segundo tempo, obra de Amestoy (minuto 35), Dominic (´43) e Álex (´59), e máis puideron ser de non ser pola gran actuación do porteiro do Vilagarcía, que realizou varias paradas de mérito.

Ao final do tempo regulamentario, 6 a 0 para os morañeses, que volven á senda da victoria e o máis importante, demostran que cando queren, nadie pode con eles. Que sirva este partido como exemplo da liña de traballo que deben seguir e a seguir pelexando no resto da Liga e da Tempada.

Noraboa, alevíns!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 6 – 0 Vilagarcía S.D. «B»

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Mouriño, Amestoy, Jonathan, Alejandro, Domi, Lucas, Abel, Yoel, Mateo, Álvaro, Rubén, Sergio e André.

Vilagarcía S.D. «B»: Pedro, Nicolás, Marcos, Jesús, Fabián, Miguel A., Samuel, Mikel, Juan T., Raúl, Alejandro, Roi, Nico Vidal, David e Xabier.

Goles: Amestoy (2), Dominic (2), Mateo e Álex.

Compárteo!

Deixa un Comentario