Partido trepidante o disputado pola categoría Alevín do Moraña C.F. na mañá do sábado no Buelo, recibindo ao C.D. Ribadumia.

Os pupilos de Juan xogaron un gran encontro, adiantándose no minuto 12 con gol de Álex, pero vendo como lograban o empate os visitantes antes do descanso por medio de Nicolás. O empate a 1 co que se chegou ao descanso era enganoso, xa que os nosos dominaban o encontro pero non lograban transformar o dominio en goles.

Ao comezo do segundo acto, o Ribadumia poñía o 1 a 2 no marcador, outra vez por medio de Nicolás. A reacción morañesa a partir deste gol foi moi boa, e espoleados por este contratempo e nunha gran segunda parte, lograron vencer o encontro con solvencia. Álex (no 52), Mateo (no 56 e 67) e Amestoy (no 70) fixeron os catro goles co que se pechou o resultado final de 5 a 2.

Bo traballo dos nosos alevíns de fútbol 11, que con esta victoria suman xa 30 puntos e escalan á sexta posición da táboa. Moito ánimo e a seguir nesta liña.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 5 – 2 C.D. Ribadumia

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Jonathan, Álvaro, Pablo, Yoel, Alex, Mateo, Sergio, Rubén, Amestoy, Abel e Gael

C.D. Ribadumia: Carlos, Daniel, Mahuel, Brais, Raúl, Jorge, Nicolas, David, Fabio, Raúl, Brais, Álvaro, Mauro, Joaquín.

Goles: 1-0 Alejandro (minuto 12); 1-1 Nicolás (minuto 25); 1-2 Nicolás (minuto 35); 2-2 Alejandro (minuto 52); 3-2 Mateo (minuto 56); 4-2 Mateo (minuto 67); 5-2 Amestoy (minuto 70).

Compárteo!

Deixa un Comentario