Victoria traballadísima e con moito mérito a lograda polos Alevíns na mañán do sábado, que tiveron que facer fronte ademáis de ao seu rival, as baixas en defensa. Malia todo, lograron sacar o partido adiante.
Os primeiros 35 minutos foron igualadísimos, notándose os «remendos» que Juan fixo na liña defensiva polas baixas. De feito, no minuto 3 Pablo facía o primeiro para o Céltiga. Álex e Lucas xa lle daban a volta ao encontro antes do primeiro cuarto de hora, e con ese 2-1 se chegou ao descanso.
O segundo acto foi de dominio claramente morañés, con bo xogo e movendo o balón con criterio. Yoel facía o terceiro no minuto 4 da reanudación, Lucas o cuarto no 52 e pechaba Amestoy o 5-1 no minuto 59.
Con estes tres puntos, os nosos consolidan a sexta plaza e seguen na loita por lograr a quinta. Ánimo e a seguir traballando!!

FICHA TÉCNICA

MORAÑA C.F. 5 – 1 Céltiga C.F.

Moraña C.F.:Óscar, Anxo, Sergio, Pablo, Yoel, Domi, Alex, Lucas, Amestoy, Abel, Jonathan, Rubén, Juanma e André.
Céltiga C.F.Alejo, Miguel, Javier, Alejandro, Sergio, Marcos, Alberto, Eloy, Dani, Pablo, Rodrigo, Mouta, Aarón, Borja e Daniel.
Goles:0-1 Pablo (min. 3); 1-1 Álex (min. 7); 2-1 Lucas (min. 15); 3-1 Yoel (min. 39); 4-1 Lucas (min. 52); 5-1 Amestoy (min. 59)

Compárteo!

Comentarios Pechados.