A sección alevín do Moraña C.F. recibiu na mañá de onte no Buelo á A.J. Lérez, na quinta xornada ligueira. O equipo de Juán López, presentábase neste encontro con  baixas, pero cunha convocatoria completa para afrontar o encontro.

O equipo saleu ao partido mal, coa mala actitude da semana pasada e realizando unha pesíma primeira parte. A falta de intensidade castigou aos nosos, que chegaron ao descanso caendo por 0 a 3 mercede aos goles dos pontevedreses nos minutos 18 e 26 aproveitando as segundas xogadas tras rexeitamento, e no 38 tras unha boa asistencia de Chema.

A charla do descanso fixo o seu efecto, e os morañeses saíron con outra cara a esta segunda parte. Nos primeiros minutos desta segunda parte, o Moraña foi un vendaval, e lograron a machada de igualar o encontro. Amestoy fixo o 1-3 nun córner no minuto 38, Mateo aproveitou o rexeite dun balón para facer o 2-3 no 47 e no 53 Rubén recibe unha asistencia de Amestoy para facer o empate.

Cando parecía que a tendencia era a que os nosos seguiran a refacerse e lle pelexaran o encontro ao rival ata o final, foi a Juvenil de Lérez quen con dous zapatazos lonxanos se facían co encontro, nos minutos 58 e 65 para facer o definitivo 3-5.

Gran segunda parte dos alevíns, que a deben tomar como referencia para seguir traballando, e olvidando estes encontros nos que a falta de intensidade e a desidia os condenan. Seguro que traballarán para mellorar este aspecto. Moito ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – A.J. Lérez 5

Xogaron polo Moraña C.F.: André, Álvaro, Jonathan, Alex, Amestoy, Dani Fontán, Sergio, Dominic, Lucas, Pablo, Mateo, Damián, Ruén Gael, Juanma e Óscar.

Goles: Amestoy, Mateo e Rubén.

 

Compárteo!

Deixa un Comentario