Os Alevíns do Moraña C.F. acadaron a victoria na mañán de hoxe na 19ª Xornada de Liga, na que recibían no Buelo ao Pontevedra. Os nosos, que xa venceran aos pontevedreses nun trabado partido na ida, volvían a enfrontarse con este equipo que viña con ganas de revancha.

O partido foi de altísimo nivel, con moita intensidade por parte dos dous equipos, se ben os nosos buscaban elaborar un pouco máis, e os visitantes buscaban cun fútbol máis directo ao seu dianteiro.

Abriu o marcador Domi no minuto 14 cun gran gol. Milkias, no 21 lograba a igualada, pero case na seguinte xogada Yoel volvía a poñer aos nosos por diante. Chegouse con este 2 a 1 ao descanso.

Tralo paso polos vestiarios, Rubén lograba aumentar a vantaxe facendo o terceiro no minuto 40. O último tramo de encontro non ía a ser doado, xa que no 53 Milkías poñía a incertidume no marcador co 3 a 2. Malia a todo, así rematou o encontro, e os tres puntos quedaron en Moraña.

Noraboa aos alevíns, que venceron a un bo rival nun gran encontro e ánimo a Álex e Álvaro, que saíron magullados do encontro. A recuperarse axiña e a preparar o vindeiro encontro!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 2 Pontevedra C.F.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Yoel, Domi, Alex, Lucas, Sergio, Amestoy, Rubén, Abel, Gael e André.

Pontevedra C.F.: Antonio, Yago, Pablo, David, Alfonso, Nathan, Elvis B., Fernando, Milkias, Leandro, Manuel, Andrés, Pablo Lubián, David, Mario e Jon A.

Goles: 1-0 Domi (minuto 14); 1-1 Milkias (minuto 21); 2-1 Yoel (minuto 22); 3-1 Rubén (minuto 40); 3-2 Milkias (minuto 53).

Compárteo!

Deixa un Comentario