A categoría Alevín do Moraña recibía na mañán de onte ao Caldas C.F. no Buelo, na 25ª Xornada de Liga. O equipo de Juan López xogou un encontro moi completo, con momentos de bo fútbol e facéndose cos 3 puntos.

Abriu a conta Lucas no minuto 27, pechando unha gran semana na que tamén mollou cos Infantiles na Copa. Este 1-0 foi o resultado ao descanso.

Na segunda parte os nosos non baixaron o pistón, e Domi, cun doblete no 49 e 53 poñía o definitivo 3 a 0.

Gran traballo deste grupo de xogadores, que suman xa 51 puntos e ocupan a sexta posición da táboa. A seguir traballando e a dalo todo ata o final de Liga!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 3 – 0 Caldas C.F.

Moraña C.F.: Óscar, Dani, Álvaro, Anxo, Pablo, Yoel, Domi, Álex, Amestoy, Rubén, Jonathan, Sergio, Lucas, Mateo e André.

Caldas C.F.: Carlos, Pablo, Anxo, Pedro, Antón, Ricardo, Marco, Mario, Zaira, Pedro, Laura, Jesús, Carlos, Estefan e Diego.

Goles:1-0 Lucas (min. 27); 2-0 Domi (min. 49); 3-0 Domi (min. 53)

Compárteo!

Comentarios Pechados.