Igualadísimo o encontro disputado polos nosos Alevíns ante o Villa de Marín no Campo de O Buelo na 12ª Xornada de Liga na mañán de hoxe. Os pupilos de Juan afrontaban o encontro cun gran número de baixas que só lle permitían contar con 13 xogadores e que incluso facía que Lucas tivera que poñerse na portería.

O encontro comezou con claro dominio morañés, xogando e combinando ben, pero sen chegar arriba con perigo e con ocasións claras. Os minutos iban pasando, e según avanzaba o encontro, os nosos poñían cerco á portería rival. Tivo Rubén o primeiro nun pase da morte dende banda esquerda, pero non chegou por centímetros. Non se moveu o marcador no primeiro acto.

Tralo paso polos vestiarios, seguiron os alevíns madurando o encontro e por fin, no minuto 55, Dominic facía o primeiro que por fin tiraba o encontro cara o noso lado. E o propio Dominic, pechando unha gran actuación, facía o segundo no 67, certificando o 2 a 0 definitivo.

Bo partido dos alevíns, unha victoria traballada e que foron gañando palmo a palmo ata facerse cos puntos. Con estes puntos, pasarán o Nadal na sétima posición. Noraboa e a seguir nesta liña no 2016!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 2 – 0 E.F. Villa de Marín

Moraña C.F.: Lucas, Dani Fontán, Jonathan, Anxo, Pablo, Yoel, Domi, Alex, Mateo, Amestoy, Sergio, Rubén e Abel.

E.F. Villa de Marín: Pedro, Guillermo, Ignacio, César, Antonio, Miriam, David, Hamza, Iker, Iván, Pedro, Adrián, Óscar, Yago e Rubén.

Goles: 1-0 Domi (minuto 55); 2-0 Domi (minuto 67)

Compárteo!

Deixa un Comentario