Último enfrontamento antes do comezo da liga a vindeira semana para os alevíns, buscando definir xa as últimas pinceladas e acoplar todas as pezas. Un amigable ante un bo equipo, como é o Portero 2.000 e que se saldou moi negativamente para os nosos, non só no resultado, se non tamén no que se refire a baixas. Ata catro xogadors abadonaron o encontro con molestias de diversa índole.

O primeiro treito do partido foi igualadísimo, con moita intensidade por parte dos dous equipos, sen dar un balón por perdido e xogando a un ritmo altísimo. Foron uns primeiros 20 minutos nos que os presentes puideron disfrutar dun grande espectáculo.

No minuto 20, Abel ao intentar despexar un balón fíxose un forte esguince no nocello dereito, tendo que ser relevado nese momento e con xestos de moita dor. Agardamos que non sexa moito o alcance desta lesión. Este cambio forzado, fixo saír un pouco do plan trazado a Juan López, que moveu o banquillo e recolocou ao equipo, pero comezaron algúns desaxustes que aproveitou o rival para marchar 2-0 ao descanso.

Na segunda parte, e seguindo cos rotacións, os locais foron probando distintos esquemas e probaturas de cara a ir definindo automatismos, pero as molestias e lesións de Yoel primeiro nun xeonllo, e de Álvaro nun nocello fixo que ao final, o equipo que abordou os derradeiros 20 minutos fose de circunstancias, con xogadores que actuaban fóra do seu rol natural.

O Portero 2.000 logrou adiantarse ata colocarse 0-5, acortando Anxo cun gol de moito mérito tras unha moi boa presión. Os pontevedreses lograron 3 goles máis en rápìdas contras, aproveitando os desaxustes defensivos dos morañeses, froito das baixas.

En resumen, bo partido de adestramento, boas conclusións e malas novas no que se refire ás lesións. Agardamos que as recuperacións sexan o máis rápidas posibles.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 1 – 8 Portero 2000

Xogaron polo Moraña C.F.: Óscar, Dani, Anxo, Mouriño, Damián, Abel, Domi, Amestoy, Rubén, Yoel, Sergio, Álvaro, Álex, André, Jonathan, Mateo e Lucas.

Gol: Anxo.

Compárteo!

Deixa un Comentario