Os alevíns recibiron na mañán do sábado á E.D. Arousa, un dos «cocos» da categoría no Buelo, na 21ª Xornada de Liga. Os rapaces dirixidos por Juan, buscaban resarcirse da mala imaxe dada no encontro de ida, onde non pelexaron suficiente, e a pesares do resultado final, esta vez, a actitude foi outra.

20160307001915A primeira parte foi moi igualada, plantándolle cara a este bo equipo. A pesares de encaixar relativamente cedo (Dani abriu o marcador no minuto 7), os nosos aguantaron ben as embestidas rivais durante os primeiros 35 minutos. O resultado ao descanso, foi de 0 a 1.

Tralo paso polos vestiarios, a E.D. saíu volcada en ataque, buscando sentenciar o encontro o antes posible. A pesares de que se loitou, neste segundo acto, os alevíns encaixaron 4 goles, obra de Dani no 37, Ygor no 43 e 63 e Miguel no 50. Os nosos deron o máximo por marcar alomenos o gol da honra, pero non foron quen.

Ao final do encontro, resultado de 0 a 5, pero moi bo traballo dun equipo alevín que está a facer unha tempada fantástica. Moito ánimo aos nosos, a seguir traballando nesta liña.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 0 – 5 E.D. Arousa

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Domi, Alejandro, Lucas, Abel, Mateo, Jonathan, Sergio, Juanma, Gael e André.

E.D. Arousa: Marcos, Rubén, Mateo, Dani, Miguel, Edgar, Mateo F., Laura, Jorge, Ygor, Oscar, Iker, Isaac, David, Damián e Alexander.

Goles:
0-1 Dani (minuto 7); 0-2 Dani (minuto 37); 0-3 Ygor (minuto 43); 0-4 Miguel (minuto 50); 0-5 Ygor (minuto 63)

Compárteo!

Comentarios Pechados.