Gran partido e nova victoria dos Alevíns do Moraña C.F., que se enfrontaban na mañán de onte no Buelo ao C.F. Puente Arnelas.

Os pupilos de Juan López sairon moi enchufados ao encontro, tentando levar o dominio dende os primeiros compases, movendo o balón con velocidade, de lado a lado. O Puente Arnelas agardaba replegado, buscando roubar e contragolpear.

A primeira parte foi moi desputada, logrando adiantarse o Moraña grazas a un remate impecable de Álex de cabeza á saída dun córner ante a que nada pudo facer o meta visitante.

A pesares de que tiveron moitas ocasións nestes primeiros 35 minutos, co resultado de 1-0 se chegou ao descanso.

O partido rompeu para os nosos na segunda parte, cuns primeiros 20 minutos máxicos nos que Amestoy fixo un hattrick en só 10 minutos, marcando no 43, 46 e 53. Con 4 a 0 e con só quince minutos por diante, o encontro parecía resolto, polo que os nosos baixaron o pistón, e froito disto o Puente Arnelas fixo o gol da honra.

Pechou o marcador Dominic, no minuto 68 deixando o resultado final en 5-1.

Gran comezo de tempada dos alevíns, que encadenan 3 victorias consecutivas. A seguir traballando nesta liña, moito ánimo!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F. 5 – 1 C.F. Puente Arnelas

Moraña C.F.: Óscar, Dani, Damián, Pablo, Daniel Fernández, Anxo, Alex, Dominic, Lucas, Jonathan, Mateo, André, Álvaro, Sergio e Rubén Souto.

C.F. Puente Arnelas: Lucas, Daniel, Sergio, Keitán, Samuel, Damián, Alejandro, Mateo, Elías, Alberto e Fernando. Tamén xogaron Raúl, Daniel Conde, Franciscoe Hugo.

Goles: 1-0 Álex (minuto 13); 2-0 Amestoy (minuto 43); 3-0 Amestoy (minuto 46); 4-0 Amestoy (minuto 53); 4-1 Keitán (minuto 62); 5-1 Dominic (minuto 68)

Compárteo!

Deixa un Comentario