A sección de Veteranos afrontaba a xornada 22ª na tarde de onte, viaxando ao Pombal para enfrontarse ao Albariño Veteranos. Os pupilos de Germán Rúa loitaban contra o maior enemigo que están a ter esta tempada: as baixas e as lesións. Só 12 xogadores formaron parte da expedición, aínda que Velay, por molestias, non puido aportar dentro do verde.

O encontro estivo marcado polo clima, con choiva e forte vento, que condicionou o xogo dos dous equipos que case non xeraron auténtico perigo nos 90 minutos. Os morañeses gozaron só dun par de ocasións en rápidas combinacións, unha na primeira parte que fallou Nico, e outra na segunda na que Santiño cruzou demasiado. Os cambadeses só xeraron perigo a balón parado, en saques de falta e córner que a defensa morañesa rexolveu ben.

En resumo, un partido bastante gris no que non se xogou demasiado debido as condicións climáticas e ao reducido do terreo de xogo, que igualaba aínda máis o encontro e do que se sacou un valioso punto.

A seguir traballando e a ver se a os Servizos Médicos van dando altas.

FICHA TÉCNICA

Albariño 0 – 0 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Rafa Sierra, David, Toño, Yeyo, Fuentes, Óscar Barros, Sayáns, Mario, Jairo, Santiño, Nico e Velay.

Compárteo!

Deixa un Comentario