Na foto Santi Paz, que na tarde de hoxe anotouse un Hat Trick.

NO PRIMEIRO DERBY DA TEMPADA, A RULA SÓ AGUNTOU OS PRIMEIROS CUARENTA E CINCO MINUTOS, NOS QUE DISPUSERON DA OPORTUNIDAD DE ADIANTARSE NO MARCADOR O SER O MORAÑA SANCIONADO CON UN CLARO PENALTI NO MINUTO 38, O DERRRIBAR SAYÁNS DENTRO DA AREA AO DIANTEIRO LAFUENTE, ENCARGANDOSE DE LANZAR A PENA MÁXIMA DANI, FACENDO  XABIER MATÉ UNHA MAXISTRAL PARADA, POSIBLEMENTE ESTA XOGADA MARCOU O QUE LOGO SERIA A GOLEADA DO MORAÑA. NO PRIMEIRO TEMPO O XOGO FOI MOI EQUILIBRADO TENDO AMBOS EQUIPOS OPORTUNIDADES PARA DESEQUILIBRAR O MARCADOR. NA SEGUNDA PARTE O MISTER MORAÑÉS DOU ENTRADA A SANTI PAZ, ÚLTIMAMENTE CONVALECENTE POR UNHA LESIÓN, ENCARGANDOSE EL SÓ DE FACER FUNCIONAR O SEUS COMPAÑEIROS, SENDO UNHA AUTENTICA PESADILLA PARA O EQUIPO CONTRARIO E OBTENDO UN HAT TRICK, QUE O COLOCA COMO O MÁXIMO GOLEADOR DO EQUIPO.

ALIÑACIÓNS:

A RULA: Ventín(12’Alfonso Fojo); Brea(68’González), Leopoldo, López, FernandoFojo(37’García); Soto(35′ Ventín), Moldes, Rios; Filgueira, Cendón(25’Dani) e Lafuente.

A.C.D. MORAÑA: Xabier Maté; Juan, Yeyo, Sayáns, Eloy(46’Ventura);Mario Costas, Goran Djorovic, Celso(80′ Rúa); Nico(46′ Santi Paz), Santiño e Oscar(46′ Esteban).

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 2′,- Forte lanzamento de Santiño e Ventin in extremis envía a corner.

Minuto 20′,- Rouba un balón o xogador da Rula Cendón e, ante a pasividade de Maté e Sayáns, con toda a porteria para el, enviou fora.

Minuto 28′,-Goran Djorovic, saca unha falta o borde da area e despexa o porteiro.

Minuto 38′,- Claro Penalty de Sayáns a Lafuente, que lanza Dani, facendo Xabier Maté un autentico paradón.

Minuto 40′,- Lanzamento de Dani, dende o borde da area, e o balón sae fora por pouco.

Minuto 43′,- Xogadade Lafuente, saindo o seu disparo moi cruzado.

Minuto 58′,- Primer aviso de Santi Paz, tras sacar unha falta Santiño, detendo o porteiro.

Minuto 59,- Saque de corner, rematando Santi Paz e detendo o gardameta.

Minuto 64′,- (0-1),- GOOOOOL DO MORAÑA, Saque forte de porta de Xabier Maté, Santi Paz vaise por velocidade dos dous centrais é, ante a saida deseperada de Fojo, faille unha vaselina, anotándo o primeiro da tarde.

Minuto 66′,- Falta rápida de Celso para Santiño que tira e o balón vai a escadra.

Minuto 70′,-(0-2),- GOOOOOOOOOL DO MORAÑA, xogada para enmarcar, parede de Santiño con Esteban que a devolve a Santiño  e ante a saida do porteiro  pasa a Nico e marca a placer.

Minuto 77′,- (0-3),- GOOOOOOOOOOOOO DO MORAÑA, en pleno vendeval morañés, Santiño e derribado escándalosamente dentro da area por Brea, a pena máxima encargase de executala  maxistralmente Santiño.

Minuto 82′,- (0-4),- GOOOOOL DO MORAÑA, Santiño pasa a Celso que mete para Santi Paz e marca.

Minuto 85′,-(0-5),- GOOOOL DO MORAÑA, Lanzamento de Celso e o defensa Garcia despexa, marcándo e propia porta.

Minuto 89′,-(0-6),- GOOOOL DO MORAÑA, Pase da Santiño a Mario Costas, que marca a pracer.

Minuto 90′,-(0-7),- GOOOOOL DO MORAÑA, quen si non, Santi Paz vaise novamente por velocidade e ante a saida do porteiro bateo por alto. 

ARBITRO:

 
 
 
 
Na foto, Rey Fierro

 Asubíou o encontro o Colexiado Pontevedrés Rei Fierro, sendo a sua actuación de regular só, mostrándose moi riguroso cas amonestacións os xogadores,  ensinando tarxetas amarelas os seguintes xogadores da Rula, Alfonso Fojo, Castaño, Cendón en duas ocasións, Filgueira e Lafuente, por o Moraña a Esteban en duas ocasións e Nico.  

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Mirallos, con un terreo de xogo en malas condicións, debido as choivas caidas recentemente. Tarde de poalla con unha temperatura de 13º, por tratarse de un derby, había bastante afluencia de público.  O mister morañés non aliniou a Pedro por non encontrarse ben.

DESTACADOS: Por A Rula, Filgueira, Ventín e La Fuente e por o Moraña Goran Djorovic, auténtico director do equipo, Xabier Maté, Santi Paz e Santiño.

Compárteo!

Deixa un Comentario