A categoría Alevín do Moraña madrugou para xogar na mañán do domingo na Xunqueira 1 de Pontevedra ante a A.J. Lérez. Os morañeses fixeron un encontro moi serio, competindo en todo momento e dando a cara durante os 70 minutos.
Adiantou aos pontevedreses Chema, no minuto 15. Con este 1 a 0, o Lérez baixou un pouco o pistón, e deu opcións para as contras morañesas, que non chegan a bo porto. Nos segundos 35 minutos, a liña do partido seguiu igual, cun Moraña replegado buscando as contras e unha «juve» que non pechaba o encontro co segundo, o que deixaba a incertidume. Foi case co pitido final que Chema pechaba o seu doblete, aproveitando un lío na área e golpeando raso e pegado ao pao, un tiro que André estivo a punto de sacar.

Ao final do partido, 2 a 0 para os locais, pero moi bo traballo dos Alevíns, que fixeron o que o Clube lle pide: competir. Moito ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

A.J. Lérez 2 – 0 Moraña C.F.

A.J. Lérez:Diego, Javier, Sohaib, Alejandro, Jacobo, Iván, Abraham, Chema, Raúl, Jorge, Marcos, Pablo, Edgar e Jorge.
Moraña C.F.:André, Dani, Anxo, Álvaro, Sergio, Pablo, Yoel, Domi, Alex, Lucas, Amestoy, Rubén, Mateo e Jonathan.
Goles:1-0 Chema (min. 15); 2-0 Chema (min. 68)

Compárteo!

Deixa un Comentario