Un moraña decimado polas numerosas baixas, é goleado no Municipal de Mirallos polo bo conxunto do Cillerro, partido no que lle ía a vida, pois de non gañar remataríanselle as opcións de seguir loitando pola permanencia na máxima categoría. O partido foi moi disputado, pero os da Estrada foron os que souberon definir mellor de cara á portaría. O mellor do partido, o debut de Santiño, que despois de estar catro meses no dique seco por unha grave lesión no xeonllo dereito, demostrou estar totalmente recuperado da súa lesión e mesmo tivo forzas para realizar unha gran xogada e marcar o segundo gol morañés. O peor do partido, que o Moraña perde na casa o que gaña fora.

Na foto Santiño, que despois de estar no dique seco por unha grave lesión do xeonllo, reapareceu sin acusar ningún tipo de molestias.

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. MORAÑA: Gerino; Ventura, Yeyo(56’Rafa Sáez), Mario Costas, Fuentes(30′ Minso); Pedro, Fernando Núñez, Sayáns, Oscar; Nico é Vari(30’Santiño).

CILLERO., C.F.: Ramiro(14’Manuel Blanco); Ferreiro, Rivas, Varela, Torres; Barral(46’Victor Blanco), Calviño, Alvarez; Campos, Fenollera(37’Valcarcel), Coto.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 4′,-  Ocasión do xogador do Cillero Calviño, petanto o balón no largueiro.

Minuto 21′,- Nova ocasión do Cillero, centra novamente Calviño e Campo só diante de Gerino remata fora.

Minuto 22′,- Novamente Campo pica o balón ante a saida de Gerino, e cando o balón entraba Mario Costas envía fora.

Minuto 23′,- (0-1),- GOOOOOOOOOL DO CILLERO,- Xogada de toda a dianteira do Cillero que finaliza con un gran remate de Fenollera, que despois de dar no largueiro entra na porteria de Gerino.

Minuto 42′,- Gran disparo de Coto, que Gewrino desvía a corner.

Minuto 60′,-(0-2),- GOOOOOOOOL DO CILLERO,- Manuel Blanco, dende o centro do campo e vendo a Gerino adiantado, lanza un gran disparo entrando en baselina. FERMOSO GOL.

Minuto 66′,-(0-3),- GOOOOOOOOOOL DO CILLERO,. Minso cede a Gerino e este nun defectuoso despexe recupera Torres e marca.

Minuto 68′,-(1-3),- GOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Falta de entendemento entre un defensa e o porteiro do Cillero que aproveita Vari para marcar.

Minuto 69′,- Gran tiro de Manuel Blanco que Gerino envía a corner, no saque de esquina volve a rematar Manuel Blanco, detendo Gerino.

Minuto 75′,-(1-4),- GOOOOOOOOL DO CILLERO, Fenollera vaise da defensa e ante a saida de Gerino regateao e marca.

Minuto 80′,-(2-4),- GOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Santiño nunha gran xogada marca cun gran disparo.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Camilo Castellano, realizando un excelente arbitraxe, mostrou unha tarxeta amarela o porteiro Ramiro por unha forte entrada o morañés Oscar, curiosamente nesta xogada o porteir foi sustituido por problemas musculares. Gran deportividade mostrada por os dous equipos durante os 90 minutos.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Mirallos con un terreo de xogo en aceptables condicións. Temperatura moi agradable (20º). Despois do encontro os morañeses tuveron unha xuntanza no Mesón o Pouso.

DESTACADOS: Por o Cillero, estiveron todos a gran altura, pero a verdade que Manuel Blanco, Rivas, Torres, Coto e Fenollera, brillaron con luz propia. Por o Moraña, nesta ocasión só destacar a voluntade que puxeron todos os xogadores.

Compárteo!

Deixa un Comentario