Na mañá de onte e cun día de auténtico verán (30º), celebrouse como xa ven sendo habitual ano tras ano, o tradicional encontro organizado pola Pena Celtista Javier Maté de Moraña, entre o Moraña Veteranos e as Xovenes Promesas de Moraña. A xornada houbese saída perfecta se non fose pola inoportuna lesión que sufriu o xogador Luis nunha xogada fortuíta e como consecuencia desta tivo que ser trasladado ao hospital de Pontevedra onde lle diagnosticaron rotura de nocello e peroné na perna esquerda. Lle desamos de todo corazón a Luis unha pronto recuperación.
O partido estivo moi entretido e loxicamente os Veteranos do Moraña foron moi superiores ás Xovenes Promesas e todo iso debido a que o equipo do Moraña Veteranos, á parte de ter nas súas filas xogadores de contrastada calidade e que nos seus tempos xogaron en equipos de primeira división como son as casos de Javier Maté, Goran Djorovic e Fernando Nuñez, estaban reforzados con outros xogadores como Jorge Otero, Rodolfo e Milorad Ratkovic, polo que a superioridade no terreo de xogo fué manifesta.

ALIÑACIÓNS:

Moraña Veteranos: Javier Maté (35′ Vicente); Jorge Otero, Rodolfo, Fernando Nuñez, Fuentes(27′ Ventura); Yeyo(28′ Juan), Goran Djorovic, Celso(35′ Pedro,46′ Rúa) Ratkovic; Santiño e Santi Paz(30′ Victor).

Xovenes Promesas de Moraña: Alberto; Borja(fillo do veteran Fuentes),Nesto, Germán (fillo do veterán Rúa), Toño, Varela, Hugo, Chava, Luis, Eloy, Ferrón, Celso Díz, Rafa Sierra, Miguel, Juan (fiilo do veteran Juan)Stoikov, Iago, Alberto (fillo do Veteran Victor) é Pachi Andión.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Carlos Alfonsín, auxiliado nas bandas por os liñas, Aldao é Pastoriza, facendo o trio arbitral un arbiraxe perfecto.

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 4′,- Ocasión de Celso Diz a Pase de Ferrón, detendo Javier Maté.

Minuto 6′,- Gran centro de Milorad Ratkovic, que cabezea Santi Paz e o balón sae rozando o poste.

Minuto 16′,- Ocasión de Santiño, desviando a corner Alberto.

Minuto 17′,- Tiro de Celso e o balón sae fora por pouco.

Minuto 18,- Chava leva o balón e só ante Mate centra e deten o porteiro.

Minuto 20′,- (1-0),- GOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- Gran xogada de Santi Paz, cedendolle o balón a Ratkovic, que envía o fondo da porteria.

Minuto 26′,- Novamente ocasión de Chava que para Maté.

Minuto 30′,-(2-0),- GOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, Pase de 60 metros de Rodolfo a Ratkovic, que de gran disparo tira cruzado e bate  a Alberto.

Minuto 34′,-Gran xogada de Santiño picando o balón ante a desesperada saida de Alberto é cando o balón entraba o saca Hugo.

Minuto 36′,-(2-1),- GOOOOOOOOOOOOOL DOS XOVENES PROMESAS, Borja (fillo do xogador veteran Fuentes), bate a Vicente de tiro raso.

Minuto 57′,- Xogada de Santi Paz que centra para Victor que tira e o balón e interceptado coa man por un defensor, señalando o colexiado o xusto penalty.

Minuto 58′,- (3-1),- GOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOL DO MORAÑA, lanza maxistralmente o penalti Rúa o estilo PANENKA é consigue o terceiro da tarde.

Minuto 60′,- Lesión de Luis.

Minuto 66′,- Xogada de Ratkovic que lanza un forte disparo e Alberto desvía a córner.

Minuto 72′,-Gran xogada de Ratkovic que cede a Santiño e este envía fora.

Minuto 75′,-(3-2),- GOOOOOOOOOOOOL DOS XOVENES PROMESAS,- Rodolfo faille un claro penalti a Pachi Andión, que lanza o mesmo Pachi, batendo a Maté.

Minuto 79′,- (4-2),- GOOOOOOOOOOOO DO MORAÑA,- Ratkovic en xogada persoal bate a Alberto.

Minuto 81′,- (5-2),- GOOOOOOOOOOOOO L DO MORAÑA,- Nova xogada por banda de Milorad Ratkovic, que de tiro cruzado ba a Alberto.

Minuto 85′,- Germán Junior faille falta a Santi Paz o borde da area, o lanzamento o executa Rúa, que tras salvar  a barreira o balon peta no lagueiro e o parecer bota dentro da porteria, pero o tanto por decisión arbitral non soibe o marcador.

Minuto 86′,- Miguel lanza un gran tiro que para Maté.

Minuto 87′,- Ratkovic tira e Alberto deten en dous tempos.

Minuto 45′,- Otero desde o centro do campo ve o porteiro adiantado, lanzando unha gran bolea batendo o balón na cepa do poste.

INCIDENCIAS: O xogador Luis, tivo que ser traladado a Urxencias a Pontevedra o sufrir unha lesión durante o encontro de rotura do xeonllo e peroné da perna esquerda. Tamén no minuto 45 foi sustituido Vicente con unha pequena fractura no dedo meñiqueda man esquerda.Despois do encontro os dous equipos comeron xuntos desgustando o tipico prato da terra «CARNEIRO O ESPETO». Como espectadores de excepción encontrabase nas gradas a Alcadesa de Moraña Luisa Piñeiro, o Presidente e Secretario da Asociación dos Veteranos de Pontevedra José Luis Pazos é Manolo, e o Presidente e Secretario do Colexio de Arbitros de Pontevedra Sr. Muiños é Tomás.

DESTACADOS: Os dous equipos estiveron a gran altura, demostrando todo eles unha deportivdad exquesita.

Compárteo!

Deixa un Comentario