O Moraña Veterans golea ao Portas cun contundente 4 a 2

Os morañeses  consolídanse como novenos  na clasificación mentres os de Portas son relegados a décima posición.

O Moraña volveu á senda das vitorias ao conseguir imporse ao Portas  nun partido de máxima rivalidade.

O resultado do encontro, que foi pobre nos futbolístico, consolida os morañeses na zona media  da clasificación e deixa ao Portas por debaixo, tras un choque no que o castigo quizá foi excesivo para o conxunto de Portas.

Catro goles locais, algunhas ocasións desperdiciadas polos locais e a falta de chegada do Portas resumen un partido discreto, que encamiñaron os morañeses cando Abuin  tivo a mala sorte de marcar en propia meta o segundo tanto local, que supoñía o empate a dous goles.

A primeira metade foi de dominio local, xa que o Moraña  apropiouse da pelota desde o principio e tivo presenza en ataque co tridente   formado  por Fernando Núñez, Goran Djorovic e Santiño.

O Portas mostrouse nun equipo que estaba mais pendente de protestarlle as decesións do Sr. colexiado, que de crear o seu propio fútbol, o  seu centro do campo trataba de saír á contra. Aí si que o equipo non tivo opcións. A defensa local, na que o meta Javier Maté volvía o equipo, nunca pasou por situacións de perigo.

Sen brillar no seu fútbol, o Moraña  impuña a súa lei con chegadas e desbordes, ademais de con unha maior xerarquía no centro do campo. 
O partido mantivo a mesma tónica que na primeira   parte, dominado polo Moraña, aínda que o equipo local mostrábase incapaz de setenciar  o encontro.

O Portas con un xogador menos por expulsión do seu dianteiro centro Fraga,  estirábase un pouco, os seus contragolpes eran máis frecuentes que na primeira metade.

Nos minutos finais dous goles conseguidos por Goran Djorovic e Santi Paz, converteron  o triunfo en goleada.

Na foto Fernando Núñez, autor do primeir tanto morañés. 

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. MORAÑA: Xabier Maté; Yeyo(46′ Eloy), Juan, Fernando Núñez, Fuentes(60’Rafa Saez); Viki(31′ Nico), Goran Djorovic, Mario Costas(46′ Sayáns), Oscar(24′ Santi Paz); Santiño(46′ Celso) é Vari(46′ Esteban).

PORTAS., C.F. Lino; José Díz, Pablo, Abuin, Fontan; Portas, David; Calvo, Muñiz, Martinez é Fraga. Tamen xogaron Otero, Perico, Waldo,Manuel Díz, Juan e Martinez..

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 4′,- Saca una falta Fernando Núñez é Goran Djorovic remata o largueiro.

Minuto 6′,- Pase de Portas a Fraga, saindo o seu remate fora por pouco.

Minuto 9′,- Remate de Vari fora.

Minuto 10′,-(1-0) GOOOOOOOL DO MORAÑA, falta o borde da area que lanza maxistralmente Fernando Núñez, salvando a barreira e entrando po la mesma escuadra.

Minuto 14′,- Santiño presentase diante do porteiro e falla en dous remates consecutivos.

Minuto 17,- Xogada individual do dianteiro do Portas Fraga é o seu tiro sae desviado.

Minuto 24,- Mario Costas evita unha ocasión clara do Portas.

Minuto 30′,- Lanzamento de Santiño que para o bó cancerbeiro do Portas Lino.

Minuto 34,- (1-1)GOOOL DO PORTAS,- Contrataque do Portas por mediación de David, presentase diante de Maté, regateando e anotando o tanto do empate.

Minuto 37′,- Fernando Núñez saca una falta y el balón cruza el area sin encontrar rematador.

Minuto 38′,- Se retira Lesionado Santiño, tras sufrir una fuerte entrada de un contrario.

Minuto 46′,-Remate de Vari, fuera.

Minuto 60′,-(1-2) GOOOOOL DO PORTAS,  Torpeza dos defensas d Moraña que no son capaces de sacar un balón morto dentro da area aproveitándo  Portas para marcar.

Minuto 65′,- Goran Djorovic dentro da area remata floxo.

Minuto 70′,- Gran xogada de Santi Paz, e o seu remate o deten o porteiro.

Minuto 75′,- Novamente Santi Paz, esta a piques de marcar pero o seu remate sae fora.

Minuto 77′,-(2-2),- GOOOOOOL DO MORAÑA,  Centro envenenado de Nico é o defensa Abuin marca un gran gol en propia meta.

Minuto 80′,-(3-2),- GOOOOOL DO MORAÑA, barullo dentro da area do Portas que aproveita Goran Djorovic para marcar.

Minuto 90′,-(4-2),- GOOOOOOOOL DO MORAÑA , xogada persoal de Santi Paz, lanzando un gran trallazo e conseguindo o cuarto da tarde.

ARBITRO: Axúbio o encontro o colxiado pontevedrés Camilo Castellanos Lusquiños, facendo un bó arbitraxe, inda que os xogadores do Portas non lle facilitaron a labor por as continuas protestas durante todo o encontro.Enseñou tarxetas amarela os siguintes xogadores do Portas: Lino, Calvo, José Diz, Otero, Manuel Diz é a Fraga en duas ocasións é, unha tarxeta roxa o xogador David, por insultos desde o banquillo. Por o Moraña unha tarxeta amarela a Eloy.

INCIDENCIAS: Encontro xogado no Municipal de Mirallos, nunha tarde moi fria (7º). Despois do encontro os xogadores do Moraña reunironse na casa do xogador Pedro, para disfrutar de unha seculenta cea, ata altas horas da madrugada.

DESTACADOS: Por o Portas, Lino, Miguel e Abuin é por o Moraña: Núñez, Goran Djorovic é Santi Paz.

Compárteo!

1 comentario

Deixa un Comentario