Celso, uns dos destacados do encontro.

O MORAÑA VETERANOS, CERTIFICA PRACTICAMENTE NO PARTIDO CONTRA O GALICIA CD ARCADE, A PERMANENCIA UN ANO MÁIS NA DIVISIÓN DE HONRA. OS MORAÑESES A PESAR DAS BAIXAS QUE ESTÁN A SUFRIR ULTIMAMENTE, IMPUXÉRONSE MERECIDAMENTE FRONTE AO EQUIPO ARCADIENSE, LEVANDO DURANTE TODO O ENCONTRO A INICIATIVA DO XOGO. UNHA DAS CLAVES DO TRIUNFO É A PRÁCTICA RECUPERACIÓN DE SANTI PAZ, QUE PARECE QUE POR FIN XA ESTÁ EN CONDICIÓNS DE AFRONTAR OS PARTIDOS AO CEN POR CEN NESTE ÚLTIMO TRAMO DE FINAL DE LIGA, MARCANDO ONTE DOUS DOS CATRO TANTOS NUN PARTIDO VIBRANTE DURANTE OS 90 MINUTOS.

ALIÑACIÓNS:

A.C.D. MORAÑA: Rafa Sierra; Eloy(46’Nico), Juan, Yeyo, Fuentes; Nico(40′ Oscar, 75′ Eloy), Sayáns, Fernando Núñez, Esteban; Celso(87′ Wiqui) e Santi Paz.

GALICIA C.D. ARCADE: Pérez(Juan Martinez); Sobral, Rodríguez(31′ José Martinez), Conde, Blanco; Martinez, Marcos Ferreira, Durán;Victor Ferreira, López é Taboada. 

RADIOGRAFIA DO ENCONTRO:

Minuto 2′,- (1-0),- GOOOOOOL DO MORAÑA, extraordinario pase entre liñas de Celso a Santi Paz que se vai por velocidade dos defensas é ante a deseperada saida do porteiro o bate a media altura.

Minuto 13,- Nova oportunidade de Santi Paz pero o seu disparo sae fora por pouco.

Minuto 15,- Gran xogada de Santi Paz por banda dereita, cedendolle o balón a Esteban no mesmo punto de penalty,  tirando inocentemente as mans do porteiro.  

Minuto 20,- (2-0),- GOOOOOL DO MORAÑA, Fernando Nuñez, mete un precioso pase a banda esquerda para Esteban é este moi activo toda a tarde fai un precioso centro, Nico deixa pasar o esferico é Celso remata imparablemente o fondo da rede. 

Minuto 26,- Xogada do arcadiense Duran, detendo o seu disparo Rafa Sierra.

Minuto 31,- Falta o borde da area morañesa executandoa Martinez, facendo Rafa Sierra unha boa parada.

Minuto 38′,- Santi Paz, despois de irse de toda a defensa e só ante o porteiro, este despexa o balón co pé.

Minuto 52′,.- Ocasión de Celso saindo o seu disparo por pouco pegado ao pau.

Minuto 60′,- Saque de falta de Celso para Oscar, que fai un centro chut que a piques estivo de marcar Esteban.

Minuto 69,- Centro do dianteiro do Galicia Ferreira, cabeceando Duran é detendo moi ben Rafa Sierra.

Minuto 70′,- (2-1),- GOOOOOOL DO GALICIA, despoís de varios rechacesdentro da area o balón cae nos pés de Ferreira que de tiro forte bate a Rafa.

Minuto 78′,- (2-2),- GOOOOOOOL DO GALICIA, centro de López é Conde en unha posición moi dudosa remata a pracer. Este tanto foi moi protestado por os morañeses. En principio o Sr. Colexiado señalou fora de xogo e posteriormente da por valido o tanto.

Minuto 81′,- (3-2) GOOOOOOOL DO MORAÑA,- Celso pasa a Esteban que se vai por banda dereita, sacándo un gran centro é rematándo ca testa o fondo das mallas quen si non Santiiiii Paz.

Minuto 86′,-(4-2) GOOOOOOOOOOL DO MORAÑA,- en pleno dominio morañés, Celso executa u corner a media altura e Fernando Nuñez en prancha remata ca testa para atrás e o seu cabezazo entra pegado o poste o fonde da rede.

Minuto 88′,- Gran disparo do xogador do Galicia Duran, respondendo con unha gran parada cando o baón xa se colaba Rafa Sierra.

ARBITRO: Axubioú o encontro o colexiado pontevedrés Antonio Hernández Fernández, con unha actuación moi irregular. Non enseñou tarxetas dada a gran deportividade por ambos conxuntos.

INCIDENCIAS: Encontro xogado as cinco da tarde no municipal de Valga con unha temperatura moi agradable para a práctica do futbol. Despois do encontro os xogadores merendaron na Cafeteria Luya en Caldas de Reis é aproveitaron para ver o gran derby entre o Madrid e o Barcelona.

DESTACADOS: Por o Moraña Rafa Sierra, Sayáns, Esteban, Santi Paz é Celso, por o Galicia,  Marcos Ferreira, Victor Ferreira, Martinez é Conde.  

 

  

   

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario